|
Unha vez feita a reserva de praza, o interesado ou interesada recibirá no seu correo electrónico a folla de inscrición cos seus datos e as instrucións para o pagamento e a presentación da documentación. O tramite de entrega de documentación deberá facelo nun prazo de 48 horas desde a reserva da praza:
Campos de traballo en Galicia.
- Folla de inscrición debidamente cuberta e asinada.
- Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome do/da participante, código, nome e data do campo.
- Fotocopia do DNI (só no caso de non dar autorización expresa para a comprobación telemática do DNI segundo o Decreto 225/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve).
- Fotocopia do carné xove.
- Fotocopia do título de familia numerosa
Os puntos 4 e 5 non son acumulables.
Campos de traballo no estranxeiro.
- Folla de inscrición en campos de traballo no estranxeiro e folla de inscrición en campos de traballo en Galicia, ámbalas dúas debidamente cubertas e asinadas.
- Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome do/da participante, código, nome e data do campo.
- Fotocopia do DNI (só no caso de non dar autorización expresa para a comprobación telemática do DNI ante o segundo o Decreto 225/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve).
Campos de traballo noutras comunidades.
- Folla de inscrición debidamente cuberta e asinada.
- Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome do/da participante, código, nome e data do campo.
- Fotocopia do DNI (só no caso de non dar autorización expresa para a comprobación telemática do DNI segundo o Decreto 225/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve).
- En campos de traballo para menores de idade, é necesario presentar autorización paterna ou materna.
Importante:
Se o pagamento da cota e a entrega da documentación non se fixese dentro das 48 horas seguintes á reserva da praza, o interesado ou interesada perderá todos os dereitos sobre esta.
|