Campamento xuvenil 'A Devesa' (Ribadeo) PDF Imprimir

Datos xerais:

Atópase na parroquia da Devesa (Concello de Ribadeo) a 100 m das praias de Reinante e das Catedrais. O aloxamento é en tendas de campaña. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios, instalacións deportivas e pavillón de actividades.

Accesibilidade:

Non dispón de zonas asfaltadas. Non é viable para persoas con problemas de discapacidade física.

Cómo chegar

Por estrada: A 11 km de Ribadeo, na estrada LU-862. Autobuses desde Lugo todos os días.
Por ferrocarril: Estación FEVE en Reinante e Ribadeo (liña Ferrol - Xixón).

Enderezo:
Campamento Xuvenil A Devesa, 27700 A Devesa, Ribadeo (Lugo).

Teléfono:
982 123 300

Actividades

  • Devesa Creativa (danza e música, arte urbana, artes escénicas e imaxe e son)

ACTIVIDADES XERAIS: muro de escalada, tiro con arco, bicicleta e actividades náuticas.

  • Implíca-T na Devesa

ACTIVIDADES XERAIS: actividades de voluntariado etnográfico ambiental, bicicleta, muro de escalada e actividades náuticas.

A_Devesa

 

 

Ir atrás    Ir arriba