Inicio Xuventur Aula Xuventur
Aula Xuventur PDF Imprimir

AULA_XUVENTUR

 

A Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa AULA XUVENTUR para os centros de ensino galegos. Poderá participar o alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso da educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que non teña cumpridos os 18 anos.

 O programa ofrece tres alternativas de participación:

Módulo I:

VIVE O MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 12-16 anos e que estea cursando 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO, con aloxamento no albergue xuvenil das Sinas.

 Módulo II:

MULTIAVENTURA NO MIÑO – (Multideporte no Miño – Multiaventura Náutica), dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue  xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín.

 Módulo III:

PLANETA MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío.

Ofértanse un total de 1360 prazas, repartidas en diferentes quendas desde febreiro á xuño do 2011.

Condicións Xerais da actividade

 INSCRICIÓNS E RESERVAS

A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net.

 A inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Non se admitirán solicitudes individuais do alumnado.

 Cada módulo ten o seu formulario de inscrición específico, que se deberá ter en conta á hora de solicitar o destino para asegurarse de cubrir o axeitado.

 Cada centro de ensino poderá solicitar e participar nos 3 módulos de actividades.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición comezará o día 7 de febreiro ás 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada quenda. O formulario estará dispoñible nesta mesma páxina web: www.xuventude.net a partir do día 7 de febreiro.

 

 ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles por módulo.

 No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao enderezo electrónico que figure no formulario de inscrición, un correo no que se confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza. De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 7 días, entenderase que non se obtivo a praza.

 Unha vez comunicada a adxudicación de prazas ao centro educativo por correo electrónico, este disporá dun prazo máximo de 5 días para enviarlle a documentación correspondente, que se sinale na comunicación de adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No caso contrario, poderá ser excluído do programa.

 CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

·    Son viaxes en grupo e, xa que logo, débense respectar os horarios establecidos, tanto para as saídas programadas como para os servizos opcionais.

·    Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.

·    As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo, incluso de cancelalo en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.

·    A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.

·    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, no caso de que non exista un número mínimo de participantes.

·    Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da actividade, a persoa poderá ser expulsada do programa. Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fará responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará ningunha cantidade económica.

·    Será necesario levar a tarxeta sanitaria durante a viaxe.

·    Unha vez que se teña a confirmación da participación no programa por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o centro deberá confirmar a asistencia, como mínimo, do 80% das prazas indicadas na súa solicitude.

 Devolución de taxas

Só se procederá á devolución de taxas cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou cando a Administración cancele a totalidade da actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).

 Toda a información sobre o programa no seguinte DOCUMENTO.PDF


 

 

Ir atrás    Ir arriba