{youtube}shJ9dAUZtuA{/youtube}
Presentación
Residencia xuvenil dependente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que funciona como residencia para mozas e mozos estudantes durante o curso lectivo.
Situada en pleno centro de Lugo, preto do campus universitario; próxima tamén á estación de autobuses e de ferrocarril, así como do Parque Rosalía, da Muralla e da zona monumental.
As habitacións son dobres, con servizo de comedor, aula de informática con internet, biblioteca, salas de estudo, salón de actos e lavandería autoservizo con moedas.


Localización
Pintor Corredoira, 2
27002 Lugo
Instalacións
Nº de prazas ofertadas: 75 (mixtas)
servizos
· Aloxamento e mantenza (con cociña propia).
· Servizo de limpeza de habitacións.
· Lavado de roupa de cama e toallas.
· Biblioteca.
· Salas de estudos.
· Prensa diaria e revistas.
· Sala de TV e vídeo.
· Sala de xogos de mesa.
· Ximnasio.
· Piano.
· Mesa de pimpón, fútbol de mesa, billar.
· Office (con fornos/microondas e neveira).
· Máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías.
· Autoservizo de lavandería (de pago por moedas).
· Teléfonos públicos.
· Salón de actos.
· Servizos de conserxería/portería.
Contacto
Pintor Corredoira, 2
27002 Lugo
Tel.: 982 28 04 32
Fax: 982 26 72 09
Servizo de Xuventude
Rolda da Muralla, 70, 27.002 Lugo
Tlf.: 982 294 224