Albergues e residencias Imprimir

 

Residencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 


   

As Residencias:

lugflorentinoaltamar

 

Convocatoria para o curso académico 2016/17: 220 prazas

(Orde do 18 de abril de 2016, DOG. Núm 80 do mércores 27 de abril de 2016 )

Corrección de erros no DOG do 3 de maio de 2016

2016residenciasxuventude 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Estará aberto dende o 28 de abril ata o 27 de maio de 2016.
As solicitudes descárganse ou realízanse telematicamente dende a sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.


REQUISITOS XERAIS:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo:
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes.
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.


PERÍODO DA ESTADÍA:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Relación provisional de admitidos na Residencia Altamar de Vigo

Relación provisional de admitidos na Residencia Lug de Lugo

Relación provisional de admitidos na Residencia Florentino López Cuevillas de Ourense

 

Persoas colaboradoras bolseiras nas Residencias de Xuventude. Prazo para solicitar: 13 de agosto

 

Residencias Xuvenís en España


Residencias xuvenís en España 2015

 

Albergues


Seguro que nalgunha ocasión escoitaches esa historia do esquío que podía ir dende Xibraltar  aos Perineos saltado de póla en póla sen ter necesidade de pisar o chan. Agora, ese mítico verxel xa non existe, pero si poderás percorrer o país de cabo a rabo indo de albergue en albergue. Esta modalidade, moito máis barata e accesible que o turismo de hotel, adáptase ás túas necesidades. Non só pon á túa disposición un aloxamento digno a un prezo á altura dos teus ingresos, senón que ademais as súas características fan que vivas unha experiencia única e compartida, na que atoparás tanto unha ampla oferta de actividades como unhas paraxes cheas de encanto e historia.

 Para iso, non só necesitarás ter ganas de divertirte, unha vontade, provista de bo calzado e mochila, que te leve a desfrutar de cada quilometro da viaxe; tamén precisarás un carné: o carné de alberguista.

 Obtendo este carné, que está recoñecido internacionalmente, poderás beneficiarte de todos os descontos, nacionais e internacionais, aplicados, participar en concursos e formar parte dunha extensa rede. Lembra que podes escoller entre os máis de 260 albergues existentes en España e máis de 4 000 no resto do mundo. É dicir, os albergues están preto de ti, pero tamén preto de todo o mundo. Aprovéitao!


Se o que queres é viaxar por Galicia, os albergues dos que dispós son os seguintes:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150504/AnuncioCA05-240415-0001_gl.pdf