| Albergues e residencias |
|
|
ResidenciasA Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís, para estudantes de ata 30 anos, matriculados en ciclos formativos de grao medio, bacharelato, ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente, ou ben, mentres non se xeralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Residencias Xuvenís curso académico 2011/2012. Descargar PDFA convocatoria de prazas é pública e faise a través do DOG, son indispensables os seguintes requisitos:
As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos. Para solicitar praza nalgunha destas residencias, infórmate aquí. Bolseiros curso académico 2011/2012. Descarga o PDF Colaboradores bolseiros nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo, Convocatoria, DOG e Centros Residenciais Admitidos nas Residencias Xuvenís os Colaboradores/Bolseiros do curso académico 2011/2012 AlberguesPara desfrutar dunha boa estancia nas túas viaxes, non tes necesariamente que buscar un hotel caro. A rede de albergues xuvenís pon á túa disposición un aloxamento barato e adecuado ás túas necesidades. Existen máis de douscentos albergues en toda España á túa disposición, e se ademáis contas co carné de alberguista, beneficiaraste dos descontos aplicados. Convírtete en alberguista e coñece Mundo! Se o que queres é viaxar por Galicia, os albergues dos que dispós son os seguintes:
|


Albergues e residencias













