Dirección e contacto
Lugar Senreiro S/N 32770 - San Xoán de Río (Ourense)
Teléfono albergue: 988 346 204 – 610 530 561 Teléfono Altega: 988 391 389 Fax: 988 245 826 Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.osbiocos.com
Descripción do Albergue
O albergue dos Biocos está situado no Senreiro no concello de San Xoán de Río (Ourense), nas antigas instalacións de DECCA Navigator. Atópase a carón da primeira Paisaxe Natural Protexida de Galicia, na comarca das Terras de Trives, entre a serra de Castrelo e o monte Cerengo, a 1005 metros de altitude. A súa situación privilexiada fai que estea rodeado dunha chea de recursos naturais e de testemuñas arqueolóxicas.
Habitacións non divididas por sexo Habitacións dobres ou triples en apartamentos con cociña e sala de estar con TV. Liteiras en cuartos múltiples para grupos Admítense mascotas Conexión wifi gratuíta Programa de actividades personalizado Capacidade: 90 prazas Prezo: 13,50 – 18,50€
Cómo chegar
- Desde Quiroga (14 km): estrada LU-5301 e antiga OU-705, en dirección a San Clodio e San Xoán de Río. No Km 7 da OU-705 unha pista á dereita levanos á entrada do albergue. - Desde Castro Caldelas (19 km): estrada OU-536, dirección Trives. No alto de Cerdeira coller desvío á esquerda en dirección a Quiroga-San Xoán de Río (antiga OU-16/OU-0705). No Km 7 da OU-705 unha pista á esquerda levanos á entrada do albergue. - Desde A Pobra de Trives (16 km): estrada OU-536, dirección a Ourense. Tras atravesar o río Navea coller desvío cara San Xoán de Río. No pobo, coller á dereita a estrada OU-705, no Km 7 unha pista á esquerda levanos á entrada do albergue. - Desde O Barco de Valdeorras (50 km): estrada N-120 ata Quiroga. - Desde Ourense (65 km): estrada OU-536, dirección a Trives. Seguir indicacións desde Castro Caldelas.
Horarios
Recepción: 24 horas Comedor: con reserva previa* Aberto: todo o ano con reserva previa* *Só para grupos nos meses de inverno.
Actividades
Xeocaching: uso lúdico do GPS Rutas de interpretación do patrimonio natural e cultural Astronomía Obradoiros de divulgación científica Xogos de orientación e sendeirismo Rutas en BTT Tiro con arco Xogos tradicionais Obradoiros de enredos tradicionais Obradoiros sobre arqueoloxía e historia Teatro de sombras Xogos de rol (didácticos ou lúdicos) Grandes xogos (didácticos ou lúdicos) Actividades personalizadas para grupos
Instalacións e servizos
Para o teu aloxamento: Apartamentos con cuartos dobres, salón, baño e cociña compartida. Apartamentos adaptados a persoas discapacitadas. Habitacións con liteiras múltiples de distinta capacidade (de 6 a 20 prazas)
Para o teu entretemento: Sala para actividades e xogos (Casa das amigos) Laboratorio científico (Casa da Ciencia) Observatorio astronómico (Casa das estrelas) Observatorio medioambiental (Aula da natureza)
Servizos: Servizo de hostalería propio (con reserva previa) Acceso gratuíto a internet para todos os hóspedes Calefacción Aluguer de BTT e GPS Servizo de lavandería Servizo médico a tan só 3 kilómetros
Puntos de interese: Minas romanas dos Biocos Estación invernal de Manzaneda Ribeira Sacra e Cañón do Sil Fortaleza de Castrocaldelas: museo arqueolóxico e etnográfico Ruta da Fraga de Mouruás Ponte Bibei e Vía Nova: época romana Castiñeiro de Pumbariños (Manzaneda) Ruta dos Sequeiros (Penafolenche) Centro de interpretación histórico-cultural Sta.Leonor (Trives)
Albergues Cercanos Albergue Xuvenil As Corcerizas (Ourense- Vilar de Varrio) Albergue Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)
|