600X600

Acción de Verán

CAMPAÑA DE VERÁN 2022

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 10.827 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego. O prazo de presentación solicitudes abrirase, para unha parte dos programas, o próximo mércores 18 de maio.

Como xa ocorreu nas campañas precedentes, a Campaña de Verán da Xunta de Galicia realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade que sexan precisas, e tendo presente tamén o actual escenario tras a aprobación do Real Decreto 286/2022, de 19 de abril.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

1. CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.

Presentación de solicitudes:

  • Anexo II Solicitude individual. Procedemento xeral BS303A. Galego |Castelán
  • Anexo III Solicitude múltiple. Procedemento xeral BS303F. Galego |Castelán
  • Anexo IV Solicitude individual. Prazas reservadas para inclusión. Procedemento BS303G. Galego |Castelán
  • Anexo V Solicitude múltiple. Prazas reservadas para inclusión. Procedemento BS303H. Galego |Castelán

Máis información:

 

Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.

Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.

 

 

Teléfonos de información

DATA DO SORTEO: 

O sorteo público tivo lugar o mércores, 8 de xuño, ás 12 horas, na sala de prensa da Consellería de Política Social e Xuventude, na 3ª planta das dependencias desta consellería, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

 

RESULTADO DO SORTEO:

 

RECOMENDACIÓNS COVID-19 CAMPAÑA DE VERÁN 2022 Galego| Castelán

  • Declaración responsable sobre a Covid-19. Galego Castelán  Deberá levarse actualizada e asinada o día da incorporación ao campamento.

  • Declaración responsable sobre a Covid-19. Intercambios   Deberá levarse actualizada e asinada o día de saída para a actividade de intercambio.

 

 FASE DE RESERVAS

Anúnciase a apertura da fase de reservas a partir do xoves23 de xuño, para os campamentos da primeira quenda de xullo. As chamadas faranse conforme ao sinalado no artigo 10 da orde reguladora.

...Realizaranse 3 chamadas entre as 9:00 e 14:00 horas que serán rexistradas para a constancia da súa realización. De non contactar coa persoa interesada esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de espera...”

 

Anúnciase a continuación das chamadas da fase de reservas a partir do mércores, 6 de xullopara o resto das quendas.

As chamadas realizaranse en función da data de inicio dos campamentos.

 

FASE DE RESULTAS

Anúnciase a apertura da fase de resultas (para aqueles campamentos nos que non hai solicitantes en lista de reserva) a partir ddía 4 de xullo de 2022.

A reserva destas prazas deberá efectuarse en horario de 09:00 a 13:00 horas, mediante un formulario en liña que se habilitará neste apartado (activarase o día 4 de xullo).

O formulario será válido unicamente para o día da súa presentación e para as prazas que se oferten ese día no enlace de consulta de resultasA oferta de prazas actualizarase en tempo real nese enlace.

 

Consulta de resultas

Formulario en liña

 

PROCEDEMENTO

 

 

2. CAMPOS DE VOLUNTARIADO

Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboracion con concellos e entidades, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autonomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2022 un total de 675 prazas en 45 campos de voluntariado (incluíndo as catro quendas nas Illas Cies) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás 79 para mozos e mozas galegos en campos doutras comunidades autonomas e ás 57 no estranxeiro, dado que neste 2022 recupérase a mobilidade internacional.

Neste programa pode participar a mocidade de 18 a 30 anos.

As persoas nacidas no ano 2004 deberán ter feitos os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e as persoas nacidas no ano 1991 non poderán facer os 31 anos antes da finalización do campo.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.

Consulta aquí toda a información dos campos de voluntarido, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Programa 2022:

OFERTA

REPESCA

 

Información dos campos de voluntariado

 

 

RECOMENDACIÓNS COVID-19 CAMPAÑA DE VERÁN 2022 GalegoCastelán  

  • Declaración responsable sobre a Covid-19. Galego Castelán  Deberá levarse actualizada e asinada o día da incorporación ao campo de voluntariado.

 

 

3. MINICAMPAMENTOS “COÑECE GALICIA”

Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Ofrece 600 prazas en 30 quendas alternativas de participación de 20 prazas cada unha, nos meses de xullo e agosto, distribuídas nun total de 13 programas e instalacións turísticas diferentes. Estas accións desenvolveranse en diferentes concellos de Galicia, ampliándose este ano con dous novos programas nos concellos de Sada e Fisterra.

“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.

Para os casos nos que se inclúan actividades con auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade.

As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar neste programa e deberán indicar esta condición no formulario da solicitude, marcando o recadro correspondente.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar neste programa cumprindo osrequisitos establecidos na convocatoria.

Toda a información sobre esta inciativa e o catálogo de programas e quendas para o ano 2022 pode consultarse no seguinte documento:

 

 

 

 

 

 * Teléfonos de información minicampamentos Coñece Galicia (L-V, de 9 a 14 h): 981 544 645 / 981 545 822 /881 999 567

conecegalicia.xuventude@xunta.gal

Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.

 

4. CESIÓN DO USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE OCIO EDUCATIVO E DE TEMPO LIBRE (Só para entidades ou grupos non asociados)

A Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e de tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través dunha orde o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a Campaña de Verán 2022.

Mediante esta convocatoria, a Consellería de Política Social ofertao uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 10 de setembro.

Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia: Galego | Castelán

PRESENTACION DE SOLICITUDES

Información xeral

RESOLUCIÓN: Adxudicación do uso de instalacións xuvenís. Resolución do 6 de xuño de 2022 (DOG do 16 de xuño de 2022)

FASE DE RESULTAS

No caso de que unha vez adxudicadas as prazas quedasen prazas sobrantes, disporase delas en fase de resultas.

As entidades e os grupos que presentaron solicitude na primeira fase do procedemento e non resultaron adxudicatarios por aplicación dos criterios da orde, terán prioridade para o acceso a estas prazas. Disporán da prioridade sinalada durante 5 días hábiles a partir da publicación da listaxe de resultas.

As entidades e grupos interesados remitirán a súa solicitude de prazas mediante un correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.benestar@xunta.es, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.

A adxudicación das prazas de resultas realizarase por orde de recepción de solicitudes.

Unha vez rematado o período de prioridade, e no caso de que aínda queden prazas sobrantes, estas poranse a disposición de calquera entidade ou grupo interesado que cumpra os requisitos da orde de convocatoria, mediante a apertura dun novo período de solicitudes.

Estas novas solicitudes presentaranse tamén por correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.benestar@xunta.es, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.

A adxudicación das prazas de resultas a estas entidades e grupos non prioritarios realizarase, así mesmo, por orde de recepción de solicitudes.

LISTAXE DE PRAZAS E DATAS DISPOÑIBLES