Reserva de prazas e actividades Acción de Verán

PREZOS

 

O prezo das actividades inclúe a estancia e a manutención. Non inclúe o desprazamento ata a instalación correspondente, que correrá pola vosa conta.

Os que posuades o Carné Xove teredes un desconto do 25% sobre o prezo da actividade.

Os que posuades o título de familia numerosa oufamilias que teñades ocertificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, teredes un desconto do 25% sobre o prezo da actividade .

Os descontos non son acumulables.

 

 

RESERVA DE PRAZAS

A reserva podédela facer por teléfono, a partir do 26 de abril, nos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social de Lugo e Ourense.

Unha vez que fagades a reserva da praza, teredes un prazo de 2 días hábiles,que contará dende o día seguinte a aquel no que fixerades a reserva, para:

  • Facer efectiva a cota de participación, segundo as instrucións que se comunicarán no momento de facer a reserva da praza.(Instrucións para facer o pagamento)

  • Presentar no servizo de Xuventude e Voluntariado correspondente, ou por correo electrónico ou no fax específico de cada actividade, a seguinte documentación:

  • Xustificante do pagamento da cota.

  • Fotocopia do DNI por ambas as dúas caras (se non autorizas a esta consellería, de conformidade cos artigos 2 e 3 do Decreto 225/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos teus datos de identidade nos sistemas de verificación de datos).

  • Fotocopia do Carné xove, de ser o caso.

  • Xustificante da condición de familia numerosa.

  • Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental

  • Ficha informativa de saúde cuberta.

De non presentardes a documentación no prazode 2 días hábiles perderedes o dereito á praza.

 

 

DEVOLUCIÓN DE COTAS

 

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste nos casos e polas causas seguintes:

a) Cando por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

b) Cando se produza un ingreso hospitalario ou outra causa médica grave, que afecte á persoa e lle impida incorporarse á actividade. Esta causa debe acreditarse cos informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresado o/a interesado/a.

c) Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

 

 

Últimas novas