Minicampamentos: Anexos e documentación a presentar

banner Coñece Galicia 22 1

DOCUMENTACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA PRAZAS

As persoas admitidas para cada quenda do Coñece Calicia 2022 deberán remitir a documentación para a adxudicación definitiva da praza no prazo de 2 días hábiles (non computan sábados, domingos ou festivos) contados desde o seguinte desde ao de recepción da confirmación da selección,

Exemplo: se recibes o correo de confirmación da selección o xoves día 23 de xuño terá de prazo para remitir a documentación ata o 28 de xuño (incluído).

A documentación deberá remitirse respostanto ao mesmo correo electrónico de confirmación da praza.

Deberá remitirse a seguinte documentación:

a) O xustificante do pagamento da taxa correspondete

Descargar Instrucións para o pagamento da taxa

b) Copia do DNI/NIE do/a menor. Se a persoa menor non dispón de DNI/NIE deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Copia do certificado de familia numerosa, se é o caso.

e) Copia do certificado de familia monoparental, se é o caso.

f) Copia do Carné Xove, se é o caso.

g) Copia do certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, se é o caso.

h) Declaración de saúde e autonomía persoal (Anexo I), que incluirá a declaración responsable de que sabe nadar, se é o caso. Para o caso de persoas con discapacidade deberá incluírse a información actualizada que permita valorar os apoios que precisa, de ser o caso:

Descargar Anexo I

i) Autorización asinada para a captación de imaxes do/a menor (Anexo II).

Descargar Anexo II

Outros modelos de documentación que, de darse o caso, deberá presentarse

  • Renuncia á praza e/ou solicitude de devolución de cota (Anexo III)
    Descargar Anexo III
  • Autorización de recollida de menor/es (Anexo IV)
    Descargar Anexo IV
  • A declaración responsable sobre a Covid-19 que deberá entregarse antes de comezar a actividade (próximamente)

Para resolver calquera dúbida podes escribirnos a conecegalicia.xuventude@xunta.gal

Información sobre o prezo da taxa

O prezo de aplicación para este programa é de 25 euros/día de conformidade co regulado na Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Polo tanto, todos os programas teñen un custe total de 125 euros, salvo que sexan de aplicación os descontos contemplados na normativa.

De conformidade co establecido na Orde do 1 de abril de 2016 as persoas membros de familias numerosas e as persoas membros de familias monoparentais terán un desconto do 50 % sobre o prezo (prezo final: 62,50 euros). Nestes casos, para aplicar o desconto deberá achegarse unha copia do certificado de recoñecemento da condición de familia numerosa ou monoparental expedido pola Xunta de Galicia.

Así mesmo, conforme o disposto na Orde do 1 de abril de 2016, as persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 % sobre o prezo (prezo final: 93,75 euros). Para poder aplicar o desconto, a persoa beneficiaria deberá achegar unha copia do Carné Xove ou a documentación especificada no apartado anterior.

Os descontos citados nos puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.