Documentación para presentar (FASE DE ADXUDICACIÓN)

Ten ata o día 15 de xuño para presentar esta documentación (se presentou a solicitude por sede electrónica, tamén pode presentar esta documentación do mesmo xeito, accedendo ao seu expediente a través da sede).

  • Xustificación de pagamento.

  • Fotocopia do DNI ou, de non dispoñer del, a fotocopia do libro de familia.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

  • Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo VI). Galego | Castelán

    As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso. Se a persoa participante sofre algún proceso alérxico ou intolerancia alimentaria debe achegarse o informe médico xustificativo.

  • Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo VII).Galego | Castelán

  • No caso de participante con discapacidade, ademais, deberá presentar o certificado acreditativo do grao de discapacidade cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma ou non autorizase a súa consulta, e a copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.

Lembre que se presentou a solicitude por sede electrónica, tamén pode presentar esta documentación do mesmo xeito, accedendo ao seu expediente a través da sede e elixindo a acción: Achega de documentación separada da solicitude.

Debe seleccionar como unidade responsable do procedemento, o Servizo de Xuventude e Voluntariado da provincia onde se desenvolva o campamento. No caso de intercambios debe seleccionar o Servizo de Actividades para a Xuventude.

Opcionalmente poderá presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, dirixida ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da provincia onde se localice o campamento.

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO

Información sobre os prezos

Información importante. Galego | Castelán

Outros modelos de documentación que, de darse o caso, deberá presentarse:

  • Renuncia á praza e/ou solicitude de devolución de cota (anexo VIII). Galego | Castelán

  • Declaración responsable sobre a Covid-19. Galego | Castelán  Deberá levarse actualizada e asinada o día da incorporación ao campamento.

  • Declaración responsable sobre a Covid-19. Intercambios   Deberá levarse actualizada e asinada o día de saída para a actividade de intercambio.