Como inscribirse nos campos de traballo

Como inscribirse:

Unha vez teñas claro o/s campo/s de traballo do teu interese, deberás poñerte en contacto telefónico, en horario de 09.00 a 14.00 h de luns a venres, para comprobar a dispoñibilidade e reservar o campo de traballo elixido.

Lembra que durante os cinco primeiros días dende a apertura do prazo de inscrición, cada persoa só se poderá inscribir nun campo de traballo ou só poderá figurar nunha lista de espera. Por cada chamada telefónica poderanse inscribir un máximo de dúas persoas.

A partir do sexto día, cada persoa poderá inscribirse no número de campos que queira, así como inscribir nunha mesma chamada a máis de dúas persoas.

Ten a man o/s código/s do/s campo/s de traballo (por exemplo: 402015). Para os campos de traballo internacionais, o "código Galicia" (a 1ª columna da táboa).

&incricionCodigoCampo incricionCodigoCampoEstranxeiro

 

Deberás facilitar obrigatoriamente os seguintes datos:

  • NIF do solicitante
  • Nome e apelidos, enderezo, código postal
  • Data de nacemento do solicitante
  • Teléfono de contacto e teléfono para emerxencias
  • Correo electrónico

Unha vez inscrito/a recibirás un correo electrónico coas instruccións para formalizar a inscrición. O prazo de 48 horas empezará a contar dende a recepción do correo electrónico.