OBXECTO
A través desta convocatoria, a Consellería de Política Social e Xuventude oferta o uso de instalacións xuvenís durante a Campaña de verán 2023.
SERVIZOS OFERTADOS E DURACIÓN DAS QUENDAS
O uso das instalacións suporá dispoñer:
- Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último, o xantar do último día de estancia concedido. - Do material (excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, os colchóns e as mantas.
- Dos servizos de xerencia e persoal de servizos de restauración e limpeza.
Exclúese dos servizos ofertados o traslado ata a instalación xuvenil, tanto o día de chegada como o de saída, que serán por conta da entidade ou grupo destinatario. Igualmente, para o Campamento da Illa de Ons exclúese o traslado en barco ata a illa.
As instalacións, prazas e quendas ofertadas son as recollidas no anexo I da orde reguladora.
O número de prazas e de días que se soliciten poden ser inferiores ao máximo ofertado.
ENTIDADES E GRUPOS DESTINATARIOS
Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
-
As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
-
Os consellos locais e municipais de Xuventude.
-
As corporacións locais.
-
Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
-
Os grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para a realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como destinatario, lle corresponda ao grupo. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
SOLICITUDE
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso da solicitude de instalacións para o desenvolvemento de actividades de tempo libre, no número de prazas solicitadas polas entidades e/ou grupos relacionados no artigo 3 incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación e calquera outra que vaia estar na instalación durante o período solicitado.
O formulario de solicitude estará dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.
Código do procedemento para o buscador da Sede: BS304A
COMPROBACIÓN DE DATOS
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos:
- NIF da entidade solicitante.
- DNI / NIE da persoa representante.
Consultaranse tamén, cando se faga constar na solicitude que é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, os seguintes datos:
- Inscrición no Rexistro de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude.
No caso de oposición a esta consulta, deberá indicarse no cadro correspondente do formulario de solicitude e achegar os documentos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será de 7 días hábiles, que comezará a contar partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
• ORDE DE PREFERENCIA
Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:
1. Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude galegos.
3. As corporacións locais galegas.
4. Os grupos de persoas mozas galegas non asociadas.
5. Outras entidades públicas ou privadas, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que o soliciten con fins asistenciais.
6. Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, entidades que realicen actividades coa xuventude e grupos de persoas mozas, domiciliados noutras comunidades autónomas.
• PRIORIDADE
Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:
a) As que soliciten un maior número de prazas ata o tope máximo de cada instalación fixado no anexo I.
b) As que soliciten un maior número de días ata o tope máximo de cada instalación fixado no anexo I.
c) As solicitudes das entidades que cubran as prazas por convocatoria aberta e non reservadas exclusivamente aos/ás seus/súas membros ou ás persoas asociadas.
d) As entidades que non dispuxeron de prazas en réxime de oferta concertada na última convocatoria de uso de instalacións xuvenís dependentes da consellería de Política Social e Xuventude ou, no caso de empate, nas dúas últimos convocatorias, agás que, no caso de renuncia, non a tiveran comunicado no prazo establecido, en cuxo caso pasarán a ocupar o último lugar nos criterios de adxudicación.
e) As que subvencionen o total ou parte da cota que teñen que pagar as persoas participantes.
f) No caso de persistir o empate, procederíase a un sorteo por medios informáticos para determinar as entidades ou grupos adxudicatarios.
INSTRUCIÓN, RESOLUCIÓN E RÉXIME DE RECURSOS
• INSTRUCIÓN
O órgano instrutor do procedemento é o Instituto da Xuventude de Galicia.
A valoración das solicitudes presentadas corresponderalle a unha comisión de valoración constituída para o efecto, e que estará integrada por:
- A persoa titular da xefatura do Servizo de Actividades para a Xuventude, que a presidirá.
- As persoas titulares das xefaturas dos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude.
- A secretaría da comisión, con voz pero sen voto, corresponderalle a unha persoa funcionaria da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da comisión de valoración, elevará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver.
• RESOLUCIÓN
O órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.
A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e esta publicación terá lugar no prazo máximo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde. Se vencese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, entenderase desestimada.
• PUBLICACIÓN DOS ACTOS
Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da consellería de Política Social e Xuventude (http://politicasocial.xunta.
• RECURSOS
As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,se esta fose expresa. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Malia o anterior, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,se esta fose expresa. Se non o fose, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto,tal e como establece o artigo 124da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
RESERVA DA PRAZA ADXUDICADA, PERDA E RENUNCIA
1. Notificada a resolución, as persoas beneficiarias están obrigadas, no prazo de 5 días hábiles:
• A ingresar, en concepto de reserva de prazas, o 25% do importe correspondente ás prazas adxudicadas. A dita cantidade non será reintegrable, nin descontable no seguinte pagamento no caso de que decaese a adxudicación realizada por incumprimento das obrigas expresadas neste apartado, nin se a entidade adxudicataria anulase a reserva de utilización da instalación ou reducise o número depersoasusuarias previstas ou os días de uso solicitado.
• A presentar a documentación que se indica, dirixida ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da provincia na que estea a instalación adxudicada:
◦ Breve proxecto de actividades que se van realizar. As actividades incluídas no proxecto deberán, en todo caso, respectar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas na Constitución Española, así como as medidas hixiénico-sanitarias establecidas pola lexislacióin vixente na materia no momento do desenvolvemento das actividades.
◦ Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade ou grupo solicitante.
◦ Xustificante do aboamento do 25% expresado anteriormente
2. Esta documentación deberá presentarse electrónicamente. Se algunha destas entidades e/ou grupos solicitantes presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Os grupos de persoas mozas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Se transcorrido o prazo de 5 días hábiles desde a publicación da adxudicación non se cumprisen os requisitos anteriores, e logo do trámite de audiencia da entidade e/ou grupo interesado, declararase a perda do dereito á instalación adxudicada , a través da resolución oportuna e as prazas adxudicadas quedarán a disposición dos/as demais solicitantes, conforme ao procedemento recollido no apartado FASE DE RESULTAS.
3. No caso de que algunha entidade ou grupo non formal renuncie ás prazas adxudicadas, estasprazas non ocupadas quedarán tamén dispoñibles conforme ao procedemento sinalado na FASE DE RESULTAS.
As renuncias deberán presentarse conforme o disposto no artigo 7 da orde. Tamén se poden comunicar por correo electrónico no enderezo: ofertaconcertada.benestar@xunta.gal.
No caso de non comunicar a renuncia no prazo dos 5 días hábiles seguintes ápublicaciónda resolución de adxudicación, na convocatoria seguinte a entidade ou grupo pasará a ocupar o último lugar dentro dos criterios de preferencia e prioridade.
FASE DE RESULTAS
As prazas sobrantes poranse a disposición de calquera entidade ou grupo interesado que cumpra os requisitos do apartado ENTIDADES E GRUPOS DESTINATARIOS (artigo 3 da orde reguladora), na fase de resultas.
As prazas dispoñibles nesta fase de resultas serán publicadas nesta páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/).
1. As entidades e os grupos que presentaron solicitude na primeira fase do procedemento (no prazo sinalado no artigo 4.3 da orde) e non resultaron adxudicatarios por aplicación dos criterios da orde, terán prioridade para o acceso a estas prazas. Disporán da prioridade sinalada durante 5 días hábiles a partir da publicación da listaxe de resultas nesta páxina web.
As entidades e grupos interesados remitirán a súa solicitude de prazas mediante un correo electrónico, no enderezo, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.
A adxudicación das prazas de resultas realizarase por orde de recepción de solicitudes, por resolución do órgano competente.
2. Unha vez rematado operíodo de prioridadesinalado no punto 1, e no caso de que aínda queden prazas sobrantes, estas poranse a disposición de calquera entidade ou grupo interesado que cumpra os requisitos do artigo 3 da orde, mediante a apertura dun novo período de presentación de solicitudes. Estas novas solicitudes presentaranse tamén por correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.benestar@
A segunda adxudicación das prazas de resultas a estas entidades e grupos non prioritarios realizarase, así mesmo, por orde de recepción de solicitudes, por resolución do órgano competente.
AUTORIZACIÓN DE USO TEMPORAL E SEGUNDO PAGAMENTO
Unha vez transcorridos 15 días hábiles desde a finalización do prazo de cinco días establecido no apartado RESERVA DA PRAZA ADXUDICADA, PERDA E RENUNCIA, a entidade ou grupo beneficiario ten a obriga de:
a) Aboar o 75% restante do importe do prezo correspondente ás prazas que confirme. A dita cantidade ou a parte proporcional non será reintegrable se o número de persoas usuarias ao inicio da actividade é menor ao confirmado, ou se o número de días é, así mesmo, inferior ao confirmado
b) Presentar o documento de aceptación das condicións particulares de uso da instalación conforme ao modelo dispoñible na páxina web, xuventude.xunta.es.
c) Presentar a relación das persoas responsables que dirixan a actividade e a acreditación das titulacións esixidas en materia de tempo libre, tendo en conta o disposto no artigo 47 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, no caso de que a instalación se solicite para o desenvolvemento dun programa de actividades de tempo libre.
d) Presentar a relación de persoas usuarias das prazas adxudicadas nos cinco días hábiles anteriores ao comezo da ocupación.
O xustificante de pagamento do ingreso sinalado na letra a) e a documentación relacionada nas letras b), c) e d ) dirixirase ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da provincia na que estea a instalación adxudicada.
A presentación da documentación farase electronicamente.
Unha vez cumpridas as condicións anteriores, a xefatura territorial correspondente da Consellería de Política Social e Xuventude facilitaralle á entidade beneficiaria o documento de autorización de uso temporal da instalación.
Se transcorridos os diferentes prazos non se fixesen os pagamentos procederase de acordo co punto 3 do apartado RESERVA DE PRAZA, PERDA E RENUNCIA.
TRÁMITES ADMINISTRATIVOS POSTERIORES Á PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas adxudicatarias estarán obrigadas a:
a) Cumprir os requisitos esixidos no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa en materia de xuventude.
b) Observar as normas de réxime interno da instalación da que sexan adxudicatarios/as e as indicacións da persoa responsable desta no referente a aqueles aspectos non recollidos expresamente nas citadas normas.
c) A cumprir asmedidas persoais de hixiene e prevención existentes no momento do desenvolvemento da actividade e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia.
d) A subscribir unha póliza de seguro de responsabilidade civil polos riscos, accidentes e danos derivados das actividades que desenvolvan na instalación adxudicada, que non teñen a consideración de actividades propias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
e) Aboar o importe dos danos que se produzan no material e nos equipamentos da instalación durante o período de uso desta.
f). No caso de que queiran utilizar as piscinas da instalación adxudicada, cada entidade deberá dispor do seu propio persoal socorrista.
TARIFAS
Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I, punto A.1, da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Os grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Política Social e Xuventude como entidades prestadoras de servizos sociais terán un desconto do 50% sobre os prezos sinalados no apartado anterior.
As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude, domiciliadas na Comunidade Autónoma galega e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terán, así mesmo, un desconto do 50% sobre os prezos sinalados neste punto.
O aboamento dos diferentes pagamentos regulados nesta orde efectuarase utilizando os impresos destinados para o efecto, que se atoparán a disposición das persoas interesadas na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou en calquera Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude.