Solicitude de praza:
O prazo de solicitude varía segundo o ámbito do campo de voluntariado (autonómico, estatal ou internacional), tal e como se especifica nos apartados seguintes.
A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, dispoñible neste enlace (habilitarase o día 18, ás 9:00 horas).
Cada persoa solicitante elixirá, por orde de prioridade, un máximo de tres campos de voluntariado. Na solicitude deberá indentificar o campo que solicita co seu código respectivo.
As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de limitacións que, de ser o caso, presenta, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.
CAMPOS EN GALICIA:
O prazo de campos en Galicia ábrese o día 18 de abril, ás 9:00 h.
A convocatoria é única, e estará aberta ata 3 días antes do comezo de cada campo.
Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado durante os 3 primeiros días do prazo de solicitude. Unha vez transcorrido este prazo, a persoa que queira participar en máis dun campo deberá solicitalo mediante un novo formulario.
CAMPOS NO ESTRANXEIRO:
Convocatoria única:
O prazo desta convocatoria, para campos de voluntariado no estranxeiro, aberta dende o día 13 de marzo, ás 9:00 h, e manterase aberta ata agotar as prazas.
As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado durante os 3 primeiros días do prazo de solicitude. Unha vez transcorrido este prazo, a persoa que queira participar en máis dun campo deberá solicitalo mediante un novo formulario.
CAMPOS NOUTRAS CCAA:
1ª convocatoria:
O prazo desta convocatoria, para campos voluntariado noutras CCAA, o prazo ábrese tamén o día 2 de maio, ás 9:00 h, e péchase o día 23 de maio, ás 14:00 h.
As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado nesta convocatoria. Se se quixera participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.
2ª convocatoria ou repesca:
Unha vez pechada a 1ª convocatoria, o programa de campos de voluntariado prevé, para as CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca, na que se incluirán todas aquelas prazas que estean vacantes nos campos de voluntariado noutras CCAA (os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos).
O prazo para solicitar as prazas para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas comezará o 1 de xuño. Este prazo permanecerá aberto ata agotar as vacantes 5 días antes do inicio do campo.
O procedemento de solicitude será o mesmo que o establecido para a 1ª convocatoria, é dicir, mediante formulario en liña.
Para esta 2ª convocatoria, aconsellámoslles ás persoas interesadas que estean pendentes do portal da D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado onde se irán actualizando en tempo real as listas de prazas e campos de voluntariado.
COMO SOLICITAR:
Formulario:
A través do formulario en liña, solicitaranse ata un máximo de 3 campos, por orde de prioridade.
Cómpre ter a man o/s código/s do/s campo/s (por exemplo: 402015). No caso dos campos de voluntariado no estranxeiro, deberase introducir no formulario o código internacional máis o nome do campo e país.
&![]() |
Adxudicación:
As prazas serán adxudicadas, mentras existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes, respectando a prioridade marcada no formulario.
Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para formalizar a inscrición nun prazo de 2 días hábiles que empezará a contar dende o envío do correo electrónico.
Nos campos de voluntariado no estranxeiro, unha vez remitida toda a documentación, considérase confirmada a praza no momento en que se comunique expresamente a través de correo electrónico a finalización do proceso de inscrición. Por isto, non se recomenda comprar as pasaxes necesarias para desprazarse ata recibir a dita confirmación.
Lista de agarda:
No caso de non obter praza en ningunha das opcións sinaladas no formulario de solicitude, incluirase a persoa solicitante na lista de espera dos respectivos campos solicitados (o número de orde na lista de espera farase tamén por orde de recepción da solicitude).
No caso de quedar algunha vacante, a persoa incluída nunha lista de agarda, recibirá un correo electrónico coas instrucción para formalizar a inscrición.
Renuncia de praza:
Se por algún motivo che xurdira un imprevisto que impida participar no campo de voluntariado, deberá comunicarse a renuncia á praza o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar así a participación doutra persoa voluntaria.
Os correos electrónicos para comunicar a renuncia é o mesmo que para a remisión da documentación:
- Para campos no estranxeiro e noutras CCAA: camposdetraballo.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal
No correo debe indicarse o DNI/NIE e o codigo ou o nome do campo de voluntariado ao que se renuncia.