Campo de voluntariado transfronteirizo Eurocidade Chaves-Verín

Cartaz Campo de voluntariado Eurocidade

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca este campo de voluntariado transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

FICHA DO CAMPO DE VOLUNTARIADO

O seu obxectivo principal é crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran experimentar e crear a base do seu proxecto persoal.

Obxectivos específicos:

  • Dar a coñecer novas fórmulas para que os mozos e mozas teñan iniciativa, sentido crítico e autonomía.
  • Fomentar ideas innovadoras a través da creatividade.
  • Dotar aos mozos e mozas de habilidades e competencias que os preparen para o mundo laboral.
  • Crear unha actividade multidisciplinar a través da inmersión cultural e etnográfica para a dinamización xuvenil a través das novas tecnoloxías.
  • Dinamizar a zona Chaves-Verín a través de programas creados polos mozos e mozas, cun claro valor social.

Destinatarios/as: Mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.

Cobertura:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa.
  • Transporte no ámbito da actividade (non está incluído o desprazamento desde o domicilio ata a cidade transfronteiriza)
  • Equipos técnicos.
  • Acompañamento por equipo técnico.

A participación é de balde! O mozo ou moza participante non fará ningún tipo de achega económica.

Número de prazas: 12

Datas de realización: do 21 ao 26 de xuño de 2021

Entrada: día 21, ás 12:00 horas.

Saída: día 26, ás 15:00 horas

Prazo de inscrición: do 19 de maio ao 15 de xuño de 2021, ambos inclusive.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Inscrición pechada por esgotarse as prazas dispoñibles e completarse a lista de reservas)

A selección dos candidatos será realizada por estrita orde de reserva de praza.

Propiedade intelectual: a participación no programa levará, por parte dos mozos e mozas participantes, a cesión non privativa do material ás entidades organizadoras para o seu uso divulgativo sen ánimo de lucro.

PROXECTO EUROCIDADE_2020

O proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible.

Socios/as do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e Juventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.