Campamentos: Anexos e documentación a presentar

Ten ata o día 29 de maio para presentar electrónicamente esta documentación:

  • Xustificación de pagamento
  • Fotocopia do DNI ou, de nor dispoñer del, a fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado
  • Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo VI) galego | castelán
    As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso. Se a persoa participante sofre algún proceso alérxico ou intolerancia alimentaria debe achegarse o informe médico xustificativo.
  • Declaración sobre autorización de imaxes (anexo VII) galego | castelán
  • No caso de participante con discapacidade, ademais, deberá presentar o certificado acreditativo do grao de discapacidade cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma ou non autorizase a súa consulta, e a copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.

INSTRUCCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO

Información sobre os prezos

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:

A documentación debe presentarse a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada:

Deberá acceder ao seu expediente e elixir a acción: Achega de documentación separada da solicitude.

UNIDADES DE DESTINO ás que debe dirixir a documentación:

- A12011020 - Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña(para campamentos na provincia da Coruña)

- A12027282 - Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo(para campamentos na provincia de Lugo)

- A12033633 - Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense(para campamentos na provincia de Ourense)

- A12011049 - Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo(para campamentos na provincia de Pontevedra)

- A12X01326 - Servizo de Actividades para a Xuventude (no caso de intercambios noutras CCAA)

 

Información importante. galego | castelán

OUTROS MODELOS DE DOCUMENTACIÓN que,  de darse o caso, deberá presentarse: