Campos de voluntariado en Islandia, 2019

 

Inscrición e reserva de praza:

A reserva das prazas comezará o día 8 de agosto de 2019.

A solicitude presentarase mediante un formulario en liña.

 boton Solicita

Quen pode participar?

Mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia que teñan a idade mínima especificada o día de comezo do campo de traballo e a idade máxima o día de remate do mesmo.

Prazos:

Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a folla de inscrición cos seus datos e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da documentación.

O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico. A documetación poderá presentarse:

  • No rexistro da Consellería de Política Social, sito no edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Lázaro en Santiago de Compostela,
  • Nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social,
  • Por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, dentro deste mesmo prazo de 2 días háblides, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de TODA a documentación ao correo electrónico camposdetraballo.xuventude@xunta.gal

Importante:

exclamacion De non adiantar por correo-e, no prazo dos 2 días hábiles a documentación rexistrada, perderase o dereito a participar no campo de traballo asignado, quedando, polo tanto, liberada a praza.

Cota de participacion:

A participación nestes campos de voluntariado en Islandia ten unha cota de participación de 110,00 € (82,50 € no caso de acollerese a algún dos descontos). A cota extra deberase satisfacer á chegada ao campo.

Descontos:

  • Carné xove: -25% na cota de participación
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación.

En ningún caso os descontos aplicables serán acumulables. Así, a cota de participación será de 82,50€ no caso de ser aplicable algún destes descontos.

O pagamento da cota de participación farase mediante impreso de taxa. No correo electrónico de comunicación da adxudicación da praza enviaránse as instrucións para o pagamento.

A cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico.

A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario ou da voluntaria.

exclamacionNon se considerará confirmada a praza ata que recibas un correo electrónico explícito de confirmación. Por iso, non se recomenda comprar as pasaxes necesarias para o desprazamento ata recibir esta confirmación.

 

Devolución da cota:

Só se devolverá a cota de inscrición nos seguintes casos:

a)   Cando por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade. Nestes casos, tentarase  recolocar a persoa noutro campo. No caso de que esta opción non sexa posible ou a persoa afectada non acepte o campo alternativo, en ningún caso a Consellería de Política Social se fará cargo dos gastos de transporte relacionados co desprazamento ata o campo nos que puidese incorrer a persoa ata ese momento. A Consellería de Política Social tampouco se fará cargo dos gastos de transporte derivados da recolocación de campo.

b)  Cando se produza un ingreso hospitalario ou outra causa médica grave, que afecte á persoa e lle impida incorporarse ao campo de voluntariado. Esta causa debe acreditarse cos informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresado a persoa interesada.

c)   Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

Impreso de devolución de cota (para campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro)

 

 Adxudicación:

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Se algunha das prazas solicitadas estivera vacante, respectando a prioridade marcada no formulario de solicitude, ésta seralle adxudicada.

Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para formalizar a inscrición nun prazo de 2 días hábiles desde a recepción do correo electrónico.

 

 Lista de reserva:

No caso de non obter praza en ningunha das opcións sinaladas no formulario de solicitude, incluirase a persoa solicitante na lista de espera dos respectivos campos solicitados (o número de orde na lista de espera farase tamén por orde de recepción da solicitude).

No caso de quedar algunha vacante, a persoa incluída nunha lista de reserva, recibirá un correo electrónico coas instrucción para formalizar a inscrición.

 

Renuncia de praza:

exclamacion

Unha vez formalizada a inscrición nun campo de voluntariado, se por algún motivo non suxeito á devolución da cota, che xurdira un imprevisto que che impide participar nese campo, solicitámosche que nos comuniques a renuncia á praza o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar, así, a participación doutro/a voluntario/a.

O correo electrónico para comunicarnos a renuncia é: camposdetraballo.xuventude@xunta.gal indicándonos nel o teu DNI e o codigo ou nome do campo de traballo ao que renuncias.

DOCUMENTACIÓN:

  1. Folla de inscrición (orixinal) debidamente cuberta e asinada.
  2. Xustificante (orixinal) de pagamento da cota.
  3. Fotocopia do NIF (só no caso de non autorizar a consulta no formulario de inscrición).
  4. Fotocopia do carné xove, do título de familia numerosa ou o certificado de familia monoparental (no caso de acollerse ao correspondente desconto e non autorizar a consulta no formulario de inscrición)
  5. Ficha de saúde.

IMPORTANTE:

exclamacion

A cota extra deberase aboar á chegada ao campo.

Código Galicia
Campo de voluntariado
Código Internacional País Datas Idades Modalidade Prazas
402113 Heveragerði-Health and Environment
(Cota extra de 180€) exclamacion
WF19 ISLANDIA 16.09.2019
30.09.2019
18-30 ENVI 1
402115 Heveragerði-Health and Environment
(Cota extra de 180€) exclamacion
WF20 ISLANDIA 30.09.2019
14.10.2019
18-30 ENVI 2
402116 Heveragerði-Health and Environment
(Cota extra de 180€) exclamacion
WF22 ISLANDIA 28.10.2019
11.11.2019
18-30 ENVI 2
402118 Sustainable living in Reykjavik and the WF Farm
(Cota extra de 180€) exclamacion
WF328 ISLANDIA 06.12.2019 16.12.2019 18-30 ENVI 2
402120 Heveragerði-Health and Environment
(Cota extra de 180€) exclamacion
WF26 ISLANDIA 27.12.2019
06.01.2020
18-30 ENVI 2

boton Solicita