Código
|
Campo
|
Localidade
|
Provincia
|
Dende/Ata
|
Idade
|
Prazas
|
Ficha
|
Descrición
|
360001 |
Illa de San Simón |
Redondela |
Pontevedra |
01/08/2022 12/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo cultural e patrimonial. Organizaránse visitas interpretativas e teatralizadas ás illas de San Simón e San Antón; catalogación especies vexetais e conxuntos escultóricos das illas, realización e instalación de carteis formato QR; catalogación do fondo bibliográfico da illa; apoio ás actividades culturais desenvolvidas nas instalacións; información aos visitantes do espazo.
|
360002 |
Tradición en verde |
Lalin |
Pontevedra |
01/08/2022 12/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de temática arqueolóxica, etnográfica e medioambiental que persegue como obxectivos, por un lado, a participación na VII Campaña de Consolidación de Castro de Doade; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e o seu contorno: elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños e da Ruta do Castro de Doade. |
360003 |
Aldea Alfacuca |
Mos |
Pontevedra |
26/07/2022 06/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo medioambiental e social. Como actividade principal traballarase no deseño e na plantación dun bosque comestible, dunha horata biointensiva e un xardín sensorial (plantas, árbores froiteiras, etc). |
360004 |
O Camiño Portugues pola costa |
Oia |
Pontevedra |
17/08/2022 28/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo arqueolóxico no que se profundizará na prospección e inventario do patrimonio do Camiño portugués; fotografía e xeolocalización; análise, definición e realización de fichas con códigos QR e modelos 3D dos elementos inventariados. |
360005 |
Soutomaior fai Camiño |
Soutomaior |
Pontevedra |
15/07/2022 26/07/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Traballarase no desenvolvemento do traballo de dinamización artística e cultural a través de obradoiros de formación ambiental (ODS), de formación social (dinamización social), de formación histórica (Xacobeo e patrimonio galego), de formación publicitaria (comunicación e marketing dixital). Creación do BLOG. - “Plogging”. Estableceranse tamén puntos de información e de apoio a peregrinas/os. |
360006 |
Salvemos o mar |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
04/07/2022 15/07/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de temática medioambiental e mariño que se centrará na recuperación ambiental da costa dende a praia das Sinas ata o porto de Vilanova de Arousa, pasando pola praia do Bao, a praia da Braña, a illa da Insuíña, a área de bateas de Vilanova. |
360007 |
A terra que habita no mar |
O Grove |
Pontevedra |
15/09/2022 26/09/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de temática medioambiental que tratará de poñer en valor o concello do Grove a través de traballos de limpeza e extracción de especies invasoras, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, deseño e colocación de carteis interpretativos nas zonas de actuación, etc |
360008 |
A idade do bronce |
Campo Lameiro |
Pontevedra |
15/07/2022 26/07/2022 |
18-30 |
15 |
 |
As tarefas deste campo arqueolóxico son a colaboración na limpeza dos petróglifos e o seu contorno máis próximo, no mantemento dun pequeno poboado réplica da idade de bronce e na divulgación do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (www.paar.es). |
360009 |
Rural influencers |
Cerdedo-Cotobade |
Pontevedra |
18/08/2022 29/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de voluntariado que, a través de obradoiros de formación etnográfica (cultural e popular), de formación audiovisual (fotografía dixital, edición, guión, videocreación), de formación publicitaria (comunicación e marketing dixital), de investigación do Camiño na Ruta Mariana Luso Galaica, de teatro e performances de rúa, as persoas voluntarias adentraranse no mundo da dinamización. Ademais, participarase en foros de comunicación coas/cos avoas/avós de Cerdedo-Cotobade.
|
360010 |
Centinelas do mar |
Sanxenxo |
Pontevedra |
06/08/2022 17/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo medioambientar de localización de residuos no mar e recollida dos mesmos en embarcacións tipo kaiak e SUP. |
360011 |
Ruta de Palacios |
O Porriño |
Pontevedra |
26/07/2022 06/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
Campo de traballo cultural para dar a coñecer a obra do arquitecto Antonio Palacios (O Porriño, 1874 – Madrid, 1945), un dos arquitectos máis recoñecidos do século XX mediante a elaboración de materiais que den sustento a esa finalidade. |
360012 |
Illas Cíes I |
Vigo |
Pontevedra |
01/07/2022 12/07/2022 |
18-30 |
15 |
 |
O traballo será medioambiental e consistirá en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do servizo de medio ambiente. Limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros). (Esta actividade depende do parque, non se poderá realizar en todas as quendas). |
360013 |
Illas Cíes II |
Vigo |
Pontevedra |
15/07/2022 26/07/2022 |
18-30 |
15 (*) |
 |
|
360014 |
Illas Cíes III |
Vigo |
Pontevedra |
01/08/2022 12/08/2022 |
18-30 |
15 |
 |
|
360015 |
Illas Cíes IV |
Vigo |
Pontevedra |
17/08/2022 28/08/2022 |
18-30 |
15 |
|
|