600X600

Oferta de campos de voluntariado en Galicia, 2022

boton Solicita

A CORUÑA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

150001 Ali, Xaz Ponteceso A Coruña 28/08/2022
08/09/2022
18-30 15 GALICIA  Campo medioambiental e etnográfico que se desenvolverá na aldea do Couto (Ponteceso). Colaboraráse nas actividades do programa cultural Encrucilladas, da Fundación Eduardo Pondal e na organización das actividades da veciñanza da A.C. Monte Branco, do Couto. Ademais, investigaranse os elementos etnográficos da vila do Couto, colección de patrimonio oral, etc.
150002 Luces de Boimorto  Boimorto A Coruña 18/08/2022
29/08/2022
18-30 15 GALICIA
Campo de tematica festival e medioambiental no cal se traballará no acondicionamento e conservación de bens de natureza cultural e no acondicionamento do camiño de acceso o Castro de Algalia, limpeza de maleza e broza, recollida de lixo,  sinalización do xacemento, etc. Ademais colaborarase coa organización do Festival de la Luz tanto nos días previos como durante o propio festival. 
150003 Lembrado a nosa pegada Serra de Outes A Coruña 15/07/2022
26/07/2022
18-30 15 GALICIA
Campo medioambiental que buscará a posta en valor das áreas onde se atopan os Gliptógrifos de Carballa da Cova: sinalización, limpeza de vexetación, visualización da ruta natural coas novas tecnoloxías, dinamización dos petróglifos e Ruta nocturna para contemplar e ver os petróglifos.
150004  Arboretum Mesía A Coruña 17/08/2022
28/08/2022
18-30 15 GALICIA
Campo de natureza social e medioambienta centrado en deseñar e executar a plantación dun Bosque Comestible, no alto do Arboretum con identificación das distintas especies de árbores e plantas que se atopan e coñecer os distintos usos que se lle pode dar ás mesmas.
150005 Vilarbó As Pontes A Coruña 15/07/2022
26/07/2022
18-30 15 GALICIA
Campo de temática medioambiental. O obxectivo deste campo de voluntariado é a conservación e a recuperación dos bosques que se encontran xunto ao río Eume e a divulgación dos bosques atlánticos para que xeracións futuras poidan gozar dunha paisaxe e dunha riqueza de biodiversidade, polo menos, tan boa ou mellor que a que nós recollemos.
150006 Dunas de Corrubedo  Ribeira  A Coruña 06/08/2022 17/08/2022 18-30 15 GALICIA O traballo será ambiental e consistirá en labores de mantemento dos espazos naturais, na reconstrución e consolidación de sendeiros, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de incendios, entre outras. 
150007 O batán de Mezonzo  Vilasantar  A Coruña 17/08/2022 28/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo patrimonial e medioambiental no cal se traballará na recuperación, limpeza e acondicionamento do sendeiro que leva o batán, máis na restauracion de elementos de madeira propios deste vello artefacto.
150008 Castro de Lupario Rois A Coruña 06/08/2022 17/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo de temática arqueolóxica. Traballarase na limpeza e acondicionamento das estruturas arqueolóxicas do xacemento.
Faranse traballos de rexistro e catalogación patrimonial, e divulgación dos traballos realizados.
150009 Castro de Montes Claros   A Laracha A Coruña 26/07/2022 06/08/2022 18-30 15 GALICIA O proxecto arqueolóxico basease en continuar a limpeza da zona do Castro Montesclaros limpando o sistema defensivo do primeiro recinto superior.
Asemade terá un contido medioambiental, de recuperación do entorno natural e paisaxístico, participando en traballos de localización e limpeza de afloramentos rochosos e gravados rupestres da croa do castro, dándolles a coñecer o rico folclore galego e a xeografía mítica das lendas da prehistoria. 
150010 Unindo Roteiros Vedra A Coruña 15/07/2022 26/07/2022 18-30 15 GALICIA Campo medioambienta no que se traballará na creación dun novo sendeiro que unirá  a ruta de Pescadores, dende a aldea de Donas en Boqueixón, ata o Miradoiro de Gundián, en Vedra. (3 qm aproximadamente), enlazando aquí coa ruta de San Xoán da Cova.
 150011  Amicos Boiro A Coruña 04/07/2022
15/07/2022
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental e social que ten a intención de fomentar entre a mocidade os valores da solidariedade e o compromiso coa comunidade, especialmente, coas persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade ou desprotección
150012 Monte da Espenuca Coirós A Coruña 17/08/2022
28/08/2022
18-30 15 GALICIA Un campo de voluntariado medioambiental onde se traballará na eliminación especies exóticas invasoras; Limpeza de maleza, corta de especies alóctonas e protección das autóctonas; Limpeza e acondicionamento de camiños e estruturas tradicionais; Intervención didáctica cos nenos do campamento urbano de Coirós 

 

 

LUGO:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

270001 Friulio Friol Lugo 28/08/2022
08/09/2022
18-30 15 GALICIA Campo etnográfico e medioambiental para a mellora do castro de Friulio axudando na restauración e consolidación de diversas estructuras (tellados vexetais das pallozas, fornos, etc). Así como no Dolmen da Moruxosa e os seus accesos.
270002 Da auga e da pedra Guitiriz Lugo 01/08/2022
12/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado medioambiental e festival no que se apoiará á organización e loxística da Feira e festival de Pardiñas: acondicionamento dos lugares de celebración, montaxe de estruturas, sensibilización ambiental dos participantes nos eventos, recollida de refugallos; Traballos de mantemento do Lavadoiro de Forxá; Mantemento da ruta de sendeirismo PRG-99 "A ruta da auga"
270003 Xuventude e Camiño, Palas Palas de Rei Lugo 04/07/2022
15/07/2022
18-30 15 GALICIA Campo de temática dinamizadora onde os e as voluntarias do Camiño no seu percorrido diario en bici darán información sobre o Camiño, etapas, etc., apoio e ánimo.
Acometeranse tamén accións de acondicionamento de sendeiros no contorno do Camiño e na área do albergue de peregrinos dos Chacotes, faranse actuacións dinamizadoras.
 270004 Castro e romeria de San Lourenzo A Pobra do Brollón Lugo 01/08/2022
12/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo arqueolóxico nun contexto comunitario. Os traballos deste 2021 centraranse na escavación dunha zona de tumbas medievais polo que os participantes terán acceso a unha arqueoloxía moi de detalle e a coñecer dende dentro todo o proceso arquelóxico. Fóra do xacemento os participantes atoparán actividades musicais e festivas buscando a creación de vínculos coa Comunidade.
270005 Castro de Vilamor O Courel Lugo 15/07/2022 26/07/2022 18-30 15 GALICIA

Traballo arqueolóxico. No Castro de Vilamor atopámonos ante un poboado concibido no século I d.C., onde se realizarán tarefas de desbroce e limpeza ; acondicionamento do camiño de acceso ao Castro; dinamización do Xeoparque, ...

 270006 Fervenza da Pedriña Quiroga Lugo 28/08/2022 08/09/2022 18-30 15 GALICIA Traballo medioambiental no entorno da fervenza da Pedriña para crear unha zona de baño natural. Crearase un novo roteiro que una a fervenza do Pombar coa da Pedriña.
270007 Abadía de San Clodio Ribas de Sil Lugo 12/08/2022 23/08/2022 18-30 15 GALICIA Os traballos na Abadía de San Clodio serán de desbroce e limpeza da fachada. Tamén se fará un traballo de investigación mediante recopilación, búsqueda de fontes orais e búsqueda de información sobre o pasado da abadía para poñer en valor a súa historia.
270008 Xuventude e Camiño, Baleira Baleira Lugo 15/07/2022
26/07/2022
 18-30 15 GALICIA Campo de temática dinamizadora no que o voluntariado participante no seu percorrido diario en bici, darán información sobre o Camiño, etapas, etc., apoio e ánimo. Faranse tamén actuacións dinamizadoras mediante charlas, coloquios, obradoiros ...
270009 Castro de Viladonga  Castro de Rei Lugo 01/07/2022 12/07/2022 18-30 15 GALICIA Campo arqueolóxico no que se realizán traballos, en estreita colaboración co equipo arqueolóxico do castro, de limpeza e consolidación das súas estruturas arqueolóxicas.

 

OURENSE:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

320001 Parque natural do Xurés Muiños Ourense 17/08/2022 28/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo medioambiental onde, entre outros traballos, se construirán barreiras antierosivas empregando restos de madeira dos montes queimados para frear a erosión do solo, rexeneración destes montes queimados. Recuperaremos a superficie vexetal espallando sementes co método Nendo Dango.
Construción de refuxios e comedeiros para aves...
320002 Glaciar do Cenza Vilariño de Conso Ourense 15/07/2022 26/07/2022 18-30 15 GALICIA A proposta de traballo deste campo medioambientalvai encamiñada á conservación do medio, difusión e posta en valor dos recursos etnográficos e patrimoniais dos que existe unha ampla representación no concello de Vilariño de Conso.
320003 Saberes de onte e de sempre Bande Ourense 26/07/2022 06/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo etnográfico a través de entrevistas con xentes da localidade para recoller testemuñas sobre etnografía e cultura local e con el elaborar un material audiovisual. 
 320004 Esgos Esgos Ourense 10/08/2021 21/08/2021 18-30 15 GALICIA É un campo de voluntariado etnográfico que porá ás persoas voluntarias en contacto coa "Ribeira Sacra ourensá", baseada no coñecemento da historia de Esgos en particular e de Galicia en xeral. Un aspecto importante neste campo de voluntariado será a recompilación fotográfica do pasado de Esgos, contos e lendas aínda vivas contadas polas nosas avoas e avós.
320005 Castelo de Monterrei Monterrei Ourense 30/07/2022
10/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo arqueolóxico que intervirá na cara norte da acrópole do castelo, na zona axardinada e nunha zona intermedia entre a muralla do Terceiro Recinto e o Paseo. Ademais, traballarase na creación dun xogo de realidade estendida sobre o Castelo e a súa contorna para a difusión turística do castelo así como da necrópole.
 320006 O Pereiro é natureza  O Pereiro de Aguiar Ourense 26/07/2022
06/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental onde se realizarán un inventariado de biodiversidade, se catalogarán espazos naturais do Pereiro, farase unha sondaxe de fauna mediante a mostraxe de rastros e fototrampeo de mamíferos medianos para visibilizar os recursos turísticoambientais, deseño de roteiros, etc.
320007 Do audiovisual galego Celanova Ourense 04/07/2022
15/07/2022
18-30 15 GALICIA

Campo de temática audiovisual no que se abordará aspectos da produción, rodaxe, postprodución, montaxe e proxección dunha película. Durante esta actividade, as persoas voluntarias participarán nos diferentes obradoiros das disciplinas que se conxugan para a elaboración dun spot para o Concello.

 320008 Castrillón  Larouco Ourense 04/07/2022
15/07/2022
18-30 15 GALICIA Campo medioambiental e arqueolóxico no que se realizarán, entre outras tarefas, sondaxes arqueolóxicas na contorna do xacemento do Castrillón; Colocación de caixas-niño; Limpeza manual da zona do xacemento; Estudo da fauna e flora da contorna 
320009  Bosque pintado da Cántara da Moura A Veiga  Ourense 28/08/2022 08/09/2022 18-30 15 GALICIA Campo cultural e medioambiental para crear un roteiro cultural: O Bosque Pintado da Cántara da Moura.

 

PONTEVEDRA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

 360001 Illa de San Simón Redondela Pontevedra 01/08/2022 12/08/2022 18-30 15 GALICIA

Campo cultural e patrimonial. Organizaránse visitas interpretativas e teatralizadas ás illas de San Simón e San Antón; catalogación especies vexetais e conxuntos escultóricos das illas, realización e instalación de carteis formato QR; catalogación do fondo bibliográfico da illa; apoio ás actividades culturais desenvolvidas nas instalacións; información aos visitantes do espazo.

360002  Tradición en verde Lalin Pontevedra 01/08/2022 12/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo de temática arqueolóxica, etnográfica e medioambiental que persegue como obxectivos, por un lado, a participación na VII Campaña de Consolidación de Castro de Doade; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e o seu contorno: elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños e da Ruta do Castro de Doade.
360003 Aldea Alfacuca Mos Pontevedra 26/07/2022 06/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo medioambiental e social. Como actividade principal traballarase no deseño e na plantación dun bosque comestible, dunha horata biointensiva e un xardín sensorial (plantas, árbores froiteiras, etc).
 360004 O Camiño Portugues pola costa Oia Pontevedra 17/08/2022 28/08/2022 18-30 15 GALICIA Campo arqueolóxico no que se profundizará na prospección e inventario do patrimonio do Camiño portugués; fotografía e xeolocalización; análise, definición e realización de fichas con códigos QR e modelos 3D dos elementos inventariados.
360005 Soutomaior fai Camiño   Soutomaior Pontevedra 15/07/2022
26/07/2022
18-30 15 GALICIA Traballarase no desenvolvemento do traballo de dinamización artística e cultural a través de obradoiros de formación ambiental (ODS), de formación social (dinamización social), de formación histórica (Xacobeo e patrimonio galego), de formación publicitaria (comunicación e marketing dixital).
Creación do BLOG. - “Plogging”.
Estableceranse tamén puntos de información e de apoio a peregrinas/os.
 360006 Salvemos o mar Vilanova de Arousa Pontevedra 04/07/2022
15/07/2022
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental e mariño que se centrará na recuperación ambiental da costa dende a praia das Sinas ata o porto de Vilanova de Arousa, pasando pola praia do Bao, a praia da Braña, a illa da Insuíña, a área de bateas de Vilanova.
360007 A terra que habita no mar O Grove Pontevedra 15/09/2022
26/09/2022
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental que tratará de poñer en valor o concello do Grove a través de traballos de limpeza e extracción de especies invasoras, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, deseño e colocación de carteis interpretativos nas zonas de actuación, etc
360008  A idade do bronce Campo Lameiro Pontevedra 15/07/2022 26/07/2022 18-30 15 GALICIA As tarefas deste campo arqueolóxico son a colaboración na limpeza dos petróglifos e o seu contorno máis próximo, no mantemento dun pequeno poboado réplica da idade de bronce e na divulgación do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (www.paar.es).
360009 Rural influencers Cerdedo-Cotobade Pontevedra 18/08/2022 29/08/2022 18-30 15 GALICIA

Campo de voluntariado que, a través de obradoiros de formación etnográfica (cultural e popular), de formación audiovisual (fotografía dixital, edición, guión, videocreación), de formación publicitaria (comunicación e marketing dixital), de investigación do Camiño na Ruta Mariana Luso Galaica, de teatro e performances de rúa, as persoas voluntarias adentraranse no mundo da dinamización. Ademais, participarase en foros de comunicación coas/cos avoas/avós de Cerdedo-Cotobade.

360010  Centinelas do mar  Sanxenxo Pontevedra 06/08/2022
17/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo medioambientar de localización de residuos no mar e recollida dos mesmos en embarcacións tipo kaiak e SUP.
360011  Ruta de Palacios  O Porriño Pontevedra 26/07/2022
06/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo de traballo cultural para dar a coñecer a obra do arquitecto Antonio Palacios (O Porriño, 1874 – Madrid, 1945), un dos arquitectos máis recoñecidos do século XX mediante a elaboración de materiais que den sustento a esa finalidade.
360012 Illas Cíes I Vigo Pontevedra 01/07/2022 12/07/2022 18-30 15 GALICIA O traballo será medioambiental e consistirá en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do servizo de medio ambiente.
Limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros). (Esta actividade depende do parque, non se poderá realizar en todas as quendas). 
360013 Illas Cíes II Vigo Pontevedra 15/07/2022 26/07/2022 18-30 15 (*) GALICIA  
360014 Illas Cíes III Vigo Pontevedra 01/08/2022 12/08/2022 18-30 15 GALICIA  
360015 Illas Cíes IV Vigo Pontevedra 17/08/2022 28/08/2022 18-30 15 GALICIA   

(*) 2 prazas reservadas para persoas con discapacidade 


Últimas novas