Inicio Acción de Verán
Acción de Verán PDF Imprimir

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan no só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

Podes escoller o campamento que queiras en función das actividades que se leven a cabo nel: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura....

Só tes que animarte a participar!

Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 22 de marzo.

Consulta a información

Aviso importante: A actividade Náutica a desenvolverse en Murcia foi cancelada

CAMPOS DE TRABALLO

Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:

  • Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).
  • Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).
  • De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).
  • Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).
  • Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).

Consulta a información

 

Aviso importante: Aquelas persoas ás que se lles conceda un campo de traballo internacional no cal se requira carta de motivación en inglés, deben remitir a dita carta á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Últimas novas: CAMPOS EN PORTUGAL GRATIS. Podes consultar aquí as prazas. A descripción das modalidades ofertadas son Granxa orgánicaArte/Teatro e Medio ambiente. Para apuntarse hai que facelo a través do número de teléfono 981 544 838. As prazas asignaránse por orde de chamada ata agotar prazas.

Actividade Iron Age III

Podes descargar a continuación as fichas de inscrición: ficha portuguesa - ficha Xuventude

AGOTADAS TODAS AS PRAZAS (Actualizado a 03/08/2011)

Evento en Rusia: Se ti es monitor de campo de traballo ou voluntario e estás interesado en acudir a un evento sobre o tema en San Petersburgo do 19 ó 25 de setembro, infórmate e apúntate nos archivos adxuntos.

Información

Formulario de inscrición



ACTIVIDADES DE 18 a 35 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Descarga aquí a programación de actividades de 18 a 35 anos (programa completo e separado por actividades).

Últimas novas: Aínda quedan prazas para as actividades de Aventura e deporte no concello de Muiños, Multiaventura en O Pereiro de Aguiar, Rutas de Kaiak, Vento a favor e Findes Cíes (Actualizado a 15/06/2011)

Aviso importante: Cancelada a quenda do 30 e 31 de xullo na actividade Findes Cíes


OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)

Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 22 de marzo.

  • Información xeral (obxecto, servizos ofertados, destinatarios, prazo de presentación de solicitudes, criterios de adxudicación, intrucióne resolución, reserva de prazas e pagamento, obrigas dos beneficiarios e prezos)
  • Para ver instalacións ofertadas, datas e número de prazas, consulta o anexo I, ou descarga a versión en pdf
  • Para consultar os impresos de solicitude, descarga aquí o Anexo II
  • Para consultar tarifas e prezos, descarga aquí a Orde de prezos
  • Para consultar o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, descarga aquí o DOG nº 49, do 10 de marzo de 2000.
  • Descarga aquí a Orde de publicación no DOG

 

 

 

Ir atrás    Ir arriba