| Acceso á Universidade |
|
|
|
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regula, para o ano académico 2009-2010 a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente. A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao ten por finalidade valorar, con carácter obxectivo, a madurez académica do estudante, así como os coñecementos e capacidades adquiridos no bacharelato e a súa capacidade para seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao. Poderán presentarse á proba de acceso á universidade aqueles que estean en posesión do título de bacharel. Anualmente realizaranse dúas convocatorias da proba de acceso á universidade: ordinaria e extraordinaria. A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente fase xeral e fase específica. A fase xeral consta dos exercicios seguintes:
Unha vez superada a proba de acceso á universidade, os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. As tres universidades galegas son as seguintes:
Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2010 e en www.edu.xunta.es |

















