Chámanse así as prácticas que consisten en estimular os xenitais da parella coa boca (cos beizos e a lingua); cando a estimulación é sobre os xenitais masculinos a práctica chámase felación, e cando a estimulación é sobre os xenitais femininos chámaselle cunnilungus. Como con tódalas prácticas eróticas hai moi diversas formas de facelo, poderíamos decir que case que tantas como persoas. Pódese facer con diferentes movementos, diferentes ritmos, diferentes presións e velocidades, estimulando un punto en concreto ou percorrendo unha zona máis ampla,…
O sexo oral pode resultar moi pracenteiro, e incluso pode ter como resultado o orgasmo.
Compre recordar que con este tipo de prácticas tamén hai risco de contaxio/transmisión de certas infeccións, polo que é aconsellable utilizar protección para evitalas. No caso da felación, esta faise utilizando o condón masculino do xeito habitual, e seguindo as mesmas indicacións de uso que se fose a utilizarse para unha penetración (anal ou vaxinal). Para practicar o cunnilingus tamén pódese utilizar un preservativo masculino, pero neste caso abríndoo ao longo e colocándoo sobre a vulva, por dentro dos labios maiores, ou tamén existen no mercado bandas de látex específicas para esta práctica.
Para a protección fronte ás infeccións de transmisión buco-xenital no sexo oral actualmente existen preservativos de sabores que non teñen o sabor ao látex e que fan que a protección sexa un elemento máis no xogo, incluíndo eses sabores variados.