O coito vestibular é un xogo que consiste en mover o pene pola vulva adiante, rozando e masaxeando o clítoris, os labios, a parte externa da vaxina e mesmo do ano. A exaculación prodúcese na propia vulva.
Esta práctica pode ser moi pracenteira e adoita formar parte de toda unha serie de xogos eróticos previos, de masturbación mutua.
Non ten risco de embarazo (sempre que non se produza a penetración), pero si que existe un certo risco de transmisión de certas infeccións, polo que debes utilizar un condón para facelo.