Consiste na introdución do pene no ano e pode ter lugar entre un home e unha muller ou entre dous homes. Para facelo cómpre utilizar un lubricante e, sobre todo, moita delicadeza.
As posturas poden ser moi diversas, igual que no coito vaxinal e tamén debes saber que se trata dunha práctica de risco para a transmisión de infeccións, polo que a debes facer protexéndote, utilizando para isto un condón reforzado.