As fantasías


As fantasías, é dicir, deixar voar a imaxinación e matinar en cousas que nos gusten. Isto produce unha sensación moi agradable. Debes ter en conta que se pode fantasear con todo o que se queira e que isto non quere dicir que nos gustase facer "de verdade" aquilo co que fantaseamos... se probaches algunha vez, verás como isto é así... O tipo de fantasía que nos gusta depende de cada persoa, e mesmo cada persoa pode gostar de fantasear con cousas distintas en cada momento. Tamén é importante que saibas que as fantasías poden causar pracer por si soas, ou acompañando a outro tipo de prácticas... así, hai xente que fantasea mentres se masturba, soa ou con outra persoa...