A resolución

A resolución, como o seu nome indica, é o remate da resposta sexual. Despois do orgasmo, ou dos orgasmos, daste de conta de que non precisas máis... é como se te botases a voar nun ultralixeiro ou nun parapente. Tamén é unha sensación moi agradable... agradabilísima. Sentes coma unha frouxidade... tes a sensación de estar flotando.

A resolución dura máis tempo nas mulleres que nos homes, pero gustarache moito, sexas moza ou mozo.

Despois da resolución, o corpo e a mente deben descansar... a nosa propia fisioloxía, impide que nos poidamos volver a excitar ata pasado un pouco de tempo, que varía para cada persoa e mesmo para cada ocasión. A este tempo chámaselle período refractario.