Conduta sexual e satisfación

A conduta sexual non sempre se adapta á satisfacción, de feito, ás veces, ocorre que as persoas que establecen unha relación non teñen os mesmos desexos para satisfacer... imaxina, por exemplo, que unha das persoas ten un desexo soamente sexual, mentres que a outra o ten soamente afectivo... ou imaxina que ambas as dúas persoas teñen desexo sexual, pero unha delas ou ambas as dúas cren que a sexualidade é algo sucio ou perverso... ou ben que a unha delas non lle gusta realmente a outra... pois en todos estes casos, se teñen lugar as prácticas sexuais, probablemente a satisfacción non sexa todo o grande que debería ser, a enerxía non se libera ou non o fai totalmente, e todo isto provoca que ningunha das persoas se sinta todo o ben que debería e mesmo que algunha delas se sinta realmente mal.

Xa ves o importante que é saber cales son realmente os teus desexos: os sexuais, os afectivos, todos e cada un. Sabéndoo, podes satisfacelos e, se non o sabes, podes satisfacer os doutras persoas, pero isto non te fai sentir ben... e, non o esquezas, tes todo o dereito a sentirte moi moi ben. Tes dereito practicar o sexo se queres facelo, e a non practicalo se non queres... aínda que a outra persoa queira. Por suposto, tamén tes dereito a elixir o tipo de prácticas que desexas e que máis che gustan... así que, xa sabes, é importante para ti que digas "si" ou "non" cando queiras.