A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Benvidos!

imxquensomos

QUEN SOMOS


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten como prioridade atender ás necesidades e inquedanzas da poboación xove residente en Galicia, e cremos firmemente que a xuventude ten moito que achegar á sociedade.


Traballamos para mellorar a calidade de vida dos mozos e mozas dentro do noso ámbito competencial, desenvolvendo accións e programas que lles beneficien, incrementen o seu benestar e lles permitan a adquisición de competencias e habilidades.


Queremos que esta web se convirta en punto de referencia ao servizo da xuventude galega, a través do que os nosos mozos e mozas estén informados de todos os programas e servizos que ofertamos, tanto dende a Dirección Xeral como dende outros departamentos da Xunta de Galicia e demais organismos e entidades, aportando o noso gran de area para construir unha sociedade mellor para a mocidade.


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é o órgano de dirección da Consellería de Política Social ao que lle corresponden as seguintes funcións no marco do establecido na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia:

  1. A xestión das actuacións en materia de xuventude, así como as políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil.
  2. A planificación en materia de xuventude, especialmente a través do Plan estratéxico de xuventude de Galicia, así como a coordinación na elaboración, execución e avaliación das políticas transversais de xuventude.
  3. O fomento da participación da xuventude na vida social, especialmente mediante o asociacionismo xuvenil e a participación no Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.
  4. A coordinación e a supervisión do funcionamento das instalacións xuvenís, tanto as propias da Consellería como as dependentes doutras entidades, e a prestación da asisten­cia técnica necesaria para dar un servizo de calidade.
  5. O fomento da mobilidade xuvenil, dos intercambios xuvenís, tanto no ámbito da Co­munidade Autónoma de Galicia como no resto do Estado e no ámbito internacional.
  6. A organización e o funcionamento do Instituto da Xuventude de Galicia e, no seo des­te, da Escola Galega de Xuventude.
  7. O seguimento na xestión da Rede galega de información xuvenil e a súa promoción e desenvolvemento, en coordinación cos centros de información da Administración xeral do Estado e das comunidades autónomas, velando pola prestación dun servizo innovador e de calidade.
  8. A coordinación das funcións informativas e de documentación dos servizos da Rede galega de información xuvenil e a coordinación dos servizos prestados na Rede galega de centros de xuventude. Espazo Xove.
  9. A xestión do rexistro autonómico das entidades xuvenís, nos termos que establece a Lei 6/2012, de xuventude de Galicia, e todas aquelas actuacións que deriven da aplicación da citada lei.
  10. A dirección e xestión das actuacións en materia de voluntariado, a elaboración e o se­guimento dos instrumentos de planificación, de rexistro, da xestión dos órganos colexiados e todas aquelas actuacións en aplicación da Lei galega 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
  11. A elaboración do anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento corres­pondente ao órgano, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.


Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xuventude, Partici­pación e Voluntariado conta cos seguintes órganos:

 

Directora xeral: Cecilia Vázquez Suárez


Instituto Galego da Xuventude:
Programa Iniciativa Xove: 981 544 866/ 981 957 057
Axudas a Entidades Locais (OMIX): 981 544 840
Escolas de Tempo Libre: 981 54 47 35
Asociacionismo: 881 999 189
Carné Xove: 981 957 115
Campaña de Verán:
Campamentos: 981 545 293 / 881 999 025 / 881 999 194
Oferta Concertada: 881 999 025
Campos de Traballo: 981 544 838 / 981 957 115

institutoxuventude.ctb@xunta.es


Subdirección xeral de Programas para a Xuventude:
Galeuropa: 981 54 46 45 / 981 54 48 54 / 881 99 95 67
Erasmus+: Xuventude en Acción: 981 54 57 12 / 981 54 46 45 / 881 99 95 67
Erasmus+ (educación): 881 99 95 67 / 981 54 46 45
Deseñando o teu futuro: 981 54 48 54 / 981 54 46 45
Xuventude Crea: 981 54 16 89 / 981 54 58 22
Parlamento Xove: 981 54 58 22 / 981 54 16 89
Residencias xuvenís: 981 54 48 54 / 981 54 46 45


Servizo de Voluntariado e Participación:
www.voluntariadogalego.org
voluntariado@xunta.es
981 957 915 / 981 957 269/ 981 957 363

 

Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa

 

 

Estamos en:
Edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Lázaro.
Terceiro andar. 15707. Santiago de Compostela

 


Lexislación de interese

Organigrama da DXXPV