Congreso Internacional de Xuventude: Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento PDF Imprimir
Xoves, 19 Setembro 2013 11:05

congreso_xuventudeA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organizará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Ribeira (A Coruña), o  Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen.

A temática do Congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.

Neste proxecto terán cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funcionará como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.

Alén das diversas conferencias, mesas redondas e relatorios programados, o congreso contará con moitas outras actividades no eido da creatividade, o emprego e a participación xuvenil. Haberá zona expositiva, paneis de experiencias, showrooms... así como actividades de ocio (actuacións musicais, teatro na rúa, exhibicións de cultura urbana, etc.)

 

As localizacións en donde se celebrarán as distintas actividades serán:

Actuacións dos grupos finalistas de música e intervención en directo dos finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2013

Coma finalistas no apartado de música, no Pub Brétema, o venres 25 de outubro de 21:00 a 23:00 horas, actuarán:

  • Erick Feles
  • Miguel Alonso e banda
  • Alén de Ancos
  • Pi Graos
  • Fracasados de antemano
  • Dani Font

Na categoría de Graffiti, o venres 25, nas inmediacións do Pabellón municipal de Ribeira realizarán en directo os seus traballos os nove finalistas do Xuventude Crea 2013 da modalidade de graffiti:

  • David Canosa Barreiro
  • Roberto Sila Escariz
  • Alexis Parada Gutierrez
  • Tania Solla Fernández
  • Daniel Garrido García
  • Marcos Fernández Cea
  • Iria Fafián Alonso
  • Adrián Mourenza Pena
  • Tirso Paz Sans

Animámosvos a participardes activamente neste congreso internacional, achegando información acerca do voso proxecto ou iniciativa para lle dar cabida no espazo que resulte máis adecuado en función das súas características. Só precisades comunicalo a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben telefonicamente a través dos seguintes números: 981957057, 981544866 e 981545664.

 

+ Inscrición (Peche da inscrición: luns 21 de outubro de 2013 ás 20:00h)

+ Horarios de autobuses   .odt | .pdf

Programa de actividades galego | castelán

 

 

Ir atrás    Ir arriba