• 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13

Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos
PROGRAMA DE VIVENDA EN ALUGUER
 
O Programa de Vivenda en Aluguer regulase polo Decreto 48/2006 e a normativa que o desenvolve. O obxectivo é mobilizar vivenda baleira con garantías para os propietarios e pór esa vivenda a disposición das persoas con máis dificultades a través de alugueres subvencionados.
 
Poden beneficiarse desta liña de axudas todas as persoas sen límite de idade cuxos ingresos ponderados non superen os 15.000 euros anuais. O obxectivo é que ningún inquilino destine máis do 30% dos seus ingresos a pagar o aluguer, o resto é subvencionado pola Administración cunha axuda que pode chegar ata o 80% do custe total do aluguer. O inquilino pode percibir a axuda durante un prazo máximo de 5 anos.
 
Vantaxes para os propietarios
 
Os propietarios que aluguen a súa vivenda a través do Programa de Vivenda en Aluguer teñen as seguintes vantaxes:
Garantía de cobro da renda mensual durante 5 anos a partir da sinatura do primeiro contrato
Ata 6.000 euros a fondo perdido para obras de mellora na vivenda
Seguro multirrisco do fogar para a cobertura de incidencias
Asistencia xurídica gratuita en relación co arrendamento.
Tramitación
 
Inquilinos que desexen acceder a esta liña de axudas e os propietarios que opten por aluguer a vivenda a través deste Programa deben dirixirse as oficinas da Consellería de Vivenda e Solo nas sete grandes cidades, nos seguintes enderezos:
 
A Coruña: Rúa Rianxo, 23 baixo
Ferrol: Rúa Magdalena, 48, baixo
Lugo: Praza da Universidade, 8 baixo
Ourense: Rúa Valente do Casar, 2, baixo
Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo
Vigo: Gran Vía, 160, baixo.
Santiago de Compostela: Área Central s/n primeiro andar, local 32 A
 
Atoparás como PDF axunto o Decreto e a orde publicados no DOGA, e o modelo de solicitude tanto para inquilinos coma para propietarios.

O Programa de Vivenda en Aluguer regulase polo Decreto 48/2006 e a normativa que o desenvolve. O obxectivo é mobilizar vivenda baleira con garantías para os propietarios e pór esa vivenda a disposición das persoas con máis dificultades a través de alugueres subvencionados.

Poden beneficiarse desta liña de axudas todas as persoas sen límite de idade cuxos ingresos ponderados non superen os 15.000 euros anuais. O obxectivo é que ningún inquilino destine máis do 30% dos seus ingresos a pagar o aluguer, o resto é subvencionado pola Administración cunha axuda que pode chegar ata o 80% do custe total do aluguer. O inquilino pode percibir a axuda durante un prazo máximo de 5 anos.

Vantaxes para os propietarios

Os propietarios que aluguen a súa vivenda a través do Programa de Vivenda en Aluguer teñen as seguintes vantaxes:

  • Garantía de cobro da renda mensual durante 5 anos a partir da sinatura do primeiro contrato
  • Ata 6.000 euros a fondo perdido para obras de mellora na vivenda
  • Seguro multirrisco do fogar para a cobertura de incidencias
  • Asistencia xurídica gratuita en relación co arrendamento.

Os inquilinos que desexen acceder a esta liña de axudas e os propietarios que opten por aluguer a vivenda a través deste Programa deben dirixirse as oficinas da Consellería de Vivenda e Solo nas sete grandes cidades, nos seguintes enderezos:

A Coruña:
Rúa Rianxo, 23 baixo

Ferrol:
Rúa Magdalena, 48, baixo

Lugo:
Praza da Universidade, 8 baixo

Ourense:
Rúa Valente do Casar, 2, baixo

Pontevedra:
Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo

Vigo:
Gran Vía, 160, baixo.

Santiago de Compostela:
Área Central s/n primeiro andar, local 32 A
Atoparás como PDF axunto o Decreto e a orde publicados no DOGA, e o modelo de solicitude tanto para inquilinos coma para propietarios.