| Teatros de Pedra: segue o percorrido artístico polas rúas e prazas de Santiago de Compostela |
|
|
| Martes, 07 Agosto 2012 13:48 |
|
Este proxecto supón a creación dun percorrido turístico alternativo na cidade a través das artes da música, escultura, grafiti, expresión corporal ou a danza, entre outros, nas prazas de San Finz, Sal se podes , Oliveira, Teatro, San Roque, San Miguel e Inmaculada e en Entremuros e rúa Campás de San Xoán. Segue as actuacións dos novos creadores no seguinte enlace: Este programa enmárcase dentro do proxecto ‘Imaxina Atlántica: espazo atlántico, territorios creativos innovadores’ aprobado ao abeiro do proxecto ‘Espazo Atlántico’ e no que participan rexións de España, Francia, Reino Unido e Portugal. |




Sete prazas de Santiago convértense ata o 12 de agosto en sete ‘Teatros de Pedra’, mozos e mozas creadores desenvolven diferentes representacións artísticas para dinamizar estes lugares emblemáticos da cidade e, desta forma, dar a coñecer a Europa Atlántica e a cultura galega.