|
Prácticas remuneradas no WFP |
|
|
|
Xoves, 21 Xuño 2012 09:27 |
|
O WFP, World Food Programme é a axencia humanitaria das Nacións Unidas que se ocupa de asistir a mais de 100 millóns de persoas no mundo cada ano co obxectivo de soster e axudar aquelas persoas que carecen de suficientes recursos para alimentarse. Cada ano, o WFP ofrece un programa de prácticas nunha das súas oficinas de todo o mundo. As prácticas adoitan ter unha duración de 6 meses e están dirixidas a menores de 30 anos. Requisitos: - Nivel alto, falado e escrito, de inglés - Licenciados ou ter finalizado, polo menos, o segundo ano de carreira; - Non ter familiares traballando no WFP Grazas a estas prácticas poderse coñecer a realidade dunha das axencias máis importantes das Nacionaes Unidas e a nivel mundial, nun ámbito multicultural, dinámico e informal. Remuneración: Existe unha remuneración que varia segundo o país onde se desenvolvan as prácticas, entre 200 e 800 dólares mensuais. Tamén está cuberta a asistencia sanitaria, mentres que a viaxe e o aloxamento correrian ao cargo do bolseiro.
Prazo: as prácticas podense solicitar todo o ano Máis información en http://es.wfp.org/
|