| Bolsas EIBURS do Banco Europeo de Investimentos |
|
|
| Luns, 11 Xuño 2012 10:07 |
|
- EIBURS (EIB University Research Sponsorship Programme), o programa de mecenado en favor da investigación universitaria, EIBURS facilita subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco. Estas bolsas do BEI, de ata 100 000 € anuais durante un período de tres anos, concédense, a través dun procedemento competitivo, a departamentos universitarios ou centros de investigación interesados vinculados a universidades dos Estados membros da UE e dos Estados adherentes ou en vías de adhesión que posúan unha especialización recoñecida nas áreas seleccionadas polo BEI, co obxecto de permitirlles ampliar as súas actividades nas devanditas áreas. A proposta seleccionada deberá presentar unha serie de resultados (investigación, organización de cursos ou seminarios, creación de redes, divulgación dos resultados, etc.) que se acordarán de forma contractual co Banco. As propostas deberán presentarse en inglés ou en francés ata o 14 de setembro de 2012. Máis información no DOUE do 8 de xuño de 2012 |




O Instituto Banco Europeo de Investimentos 