| 2013: cursos de lingua árabe con inmersión cultural e actividades en Tetuán (Marrocos) |
|
|
| Mercores, 01 Maio 2013 00:00 |
|
Os cursos serian de dous niveis: "inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno. Máximo de 15 alumnos por curso. Quendas de 2013: O grupo concentrarase o domingo, no porto de Tarifa (Cádiz), ás 4 da tarde, para saír no transbordador das 5 da tarde con destino ao porto de Tánxer. A volta, o sábado pola mañá dende o porto de Tánxer con destino Tarifa. Recollida de billetes ida e volta a nome de cada un, mais ficha de entrada (branca) e saída (amarela) no mostrador da navieira, situado na entrada das oficinas do porto. A chegada será sobre as 6 da tarde ao porto de Tánxer (as cinco en Marrocos), onde estará Zayd Benaboud (Director do centro DAR LOUGHAT) ou un representante, para recollervos e trasladarvos ao Hotel de Tetuán e responder a cantas dúbidas teñades. |




(Estes cursos se convocan todos os anos, variando as quendas)