Título de bacharel para persoas maiores de vinte anos PDF Imprimir
Martes, 21 Febreiro 2012 08:45

examenNo DOG do 21 de febreiro de 2012 publícase a Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se vai realizar a proba.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar en que se realicen as probas.

Estrutura da proba
a) Primeira parte. Lingua galega e literatura.
b) Segunda parte. Lingua castelá e literatura.
c) Terceira parte. Lingua estranxeira.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía, Historia da filosofía e Historia de España.

Prazo: a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará unha ou máis convocatorias anuais destas probas, cando as circunstancias así o aconsellen. A convocatoria ou as convocatorias, os centros onde se realizarán as probas, os prazos de matrícula e as datas de exame serán determinados anualmente mediante resolución desta dirección xeral.

Máis información no DOG do 21 de febreiro de 2012 e en www.edu.xunta.es

 

 

Ir atrás    Ir arriba