| Formación e emprego para menores de 30 anos |
|
|
| Luns, 20 Febreiro 2012 08:57 |
|
A iniciativa baséase en dúas fases: unha formativa; e outra de emprego. Na fase formativa, os participantes poderán formarse en especialidades formativas vinculadas a sectores estratéxicos da economía como son: a economía verde (enerxías renovables, preservación medioambiental...); economía da saúde (servizos á terceira idade, atención á dependencia); e economía do coñecemento (TIC, audiovisual e cultura, biotecnoloxía...). A formación chegará a distintas comarcas de Galicia: A Coruña, Barbanza, Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo. Entre outras, impartiranse especialidades formativas como: mantemento e montaxe mecánico de equipo industrial; mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto cerrado de televisión; montaxe de instalacións solares fotovoltaicas; ou atención sociosanitaria a persoas dependentes. Formación práctica Durante esta etapa, o alumnado estará vinculado contractualmente coa empresa, con cotización á seguridade social, e as condicións laborais serán as establecidas no convenio colectivo de aplicación. A empresa contará cun incentivo público á contratación temporal, que ascenderá a 2.500 €. No caso de que estes contratos temporais fosen despois transformados en indefinidos, ao rematar a vixencia do mesmo, a empresa tería dereito a unha axuda complementaria de 2.500 €. Máis información en http://traballo.xunta.es |




A Consellería de Traballo pon en marcha un programa que combina formación e emprego, e que vai destinado aos mozos e mozas desempregados, menores de 30 anos, e con baixa ou sen cualificación. A través desta iniciativa, prevese beneficiar a unhas 300 persoas que forman parte deste colectivo.