| A Dirección a exame |
|
|
| Xoves, 16 Febreiro 2012 13:44 |
|
A xornada analizará: Por que hoxe é máis difícil dirixir persoas? Como repercute a calidade de dirección de persoas no resultado? Que nota poñen os mandos á alta dirección das súas empresas? Cales son as claves do comportamento directivo? A xornada é gratuita para os/as mozos/as que se inscriban a través da nosa Web: www.xuventude.net. As 10 prazas que se ofrecen se distribuirán: 5 prazas para mozos/as na Coruña 5 prazas para mozos/mozas en Vigo. As prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición ata completalas. Para saber mais podes consultar o folleto informativo que atoparás na nosa páxina Web. Os participantes terán que reunir algún destes requisitos de titulación (preferentemente en económicas ou empresariais): licenciatura, titulación en grao, estudante de último curso de grao, posgrao, master.
|




A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD), pon a disposición un total de 10 prazas para os/as mozos/as interesados/as en asistir á xornada “A Dirección a exame. Impacto da calidade directiva en tempos de crise” con Paco Muro, presidente executivo de Otto Walter e autor do libro “El pez que no quiso evolucionar”, que se celebrará en A Coruña e en Vigo o 22 de febreiro de 2012. 