KVDA Kenya: Campos de Traballo en Kenya PDF Imprimir
Xoves, 16 Febreiro 2012 11:46

keniaKenya Voluntary Development Association (KVDA) é unha organización indíxena e composta de membros que non é política, nin sectaria e sen fins de lucro, que comezou en maio de 1962 como unha Organización de campos de traballo. En 1969, a organización ampliou o seu alcance e diversificou as súas operacións no espectro completo do desenvolvemento co servizo de intercambio internacional de voluntarios como a actividade principal da Asociación.

A Filosofía de KVDA busca promover a educación intercultural, a paz, a comprensión entre humanos e a solidariedade, así como o desenvolvemento sostible da comunidade a través do servizo voluntario.

Obxectivos estratéxicos
- As comunidades son conscientes das cuestións do desenvolvemento, os recursos mobilizados e responsabilízase do seu propio desenvolvemento.
- Os mozos teñen acceso a unha aprendizaxe práctica, mediante o servizo voluntario.

Traballo
Os voluntarios traballarán 6 horas diarias de luns a venres. Os voluntarios participarán en campañas de concienciación, construción de aulas, fabricación de ladrillos, plantación de árbores, construción de latrinas, ensino e visitas a fogares, entre outras actividades. Recoméndase que os voluntarios traian roupa de traballo, incluíndo luvas, botas, sandalias, chuvasqueiro, paraugas, lanterna, saco de durmir, repelente para os mosquitos, protección soar, calquera cousa que se queira doar, roupa para ocasións especiais, etc. Unha caixa de primeiros auxilios de primeiros auxilios é esencial.
Outras cousas: Lentes de sol, botella para a auga, instrumentos musicais, comida da zona para compartir durante o campo de traballo, recordos, regalos para amigos ou para o proxecto.
Aloxamento
Os voluntarios aloxaranse en aulas da escola en cuartos separados para os rapaces e as rapazas. Non hai camas e dórmese no chan cada un no seu saco e sobre a súa esteira para experimentar a complexidade dos retos do desenvolvemento nas áreas rurais.
Os voluntarios con necesidades especiais, con minusvalidez física, por exemplo, deberán informar diso a KVDA no momento da inscrición para facer todo o posible para aloxalos axeitadamente.
Cota
Os voluntarios que participen neste proxecto terán que pagar unha cota de 300 € polas tres semanas. Esta cota inclúe o traslado dende o aeroporto á chegada e ao aeroporto ao final do campo de traballo, aloxamento e pensión completa o día da reunión de orientación, traslados ao e dende o lugar do proxecto, comida, facilitación, certificado de participación e custos administrativos.
CLASES DE KISWAHILI {opcional}
Este curso de kiswahili está pensado especialmente para responder ás preferencias dos voluntarios e aberto a persoas desexosas de adquirir un coñecemento básico dunha lingua que é falada pola maioría dos habitantes do Leste de África e que se ensina actualmente nas universidades máis prestixiosas. O curso dura 10 días e ten lugar nun ambiente tranquilo. Os que estean interesados teñen que informar a KVDA polo menos dúas semanas antes da chegada.
O custo é de 200 € con todo incluído.

TOURS EDUCATIVOS. KVDA organiza viaxes educativas a lugares espectaculares de interese e o prezo inclúe todas as comidas, aloxamento e guía turística. Isto levarase a cabo antes ou despois do campo de traballo e aqueles que desexen participar deberán facer a solicitude polo menos dúas semanas antes da chegada para que KVDA poida organizar todo. 10% dos ingresos dos Tours Educativos utilízase para apoiar os proxectos comunitarios
Debido a un aumento no prezo dos parques por parte do Servizo de Vida Silvestre de Kenya, os cargos, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2011, son os seguintes; 3 días viaxe a Masai Mara National Park -350 Euros Un día máis ao Lago Nakuru -150 Euros Parque Nacional de Nairobi (un día)-150 Euros. Bomas de Kenya -100 Euros.

CAMPOS: Oferta de campos de traballo
PROGRAMA: Documento explicativo do programa de actividades

Máis información en www.kvda.or.ke

 

 

Ir atrás    Ir arriba