| ANÁLISE DA INFORMACIÓN XUVENIL NO CONTEXTO DAS POLÍTICAS DA XUVENTUDE |
|
|
| Xoves, 16 Febreiro 2012 11:15 |
|
Obxectivos: Analizar a realidade xuvenil en distintos ámbitos e organizar e xestionar servizos de información xuvenil.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, universitarios/as e estudantes das ramas xurídico-social e humanidades.
Criterios de selección: Para o persoal da Rede galega de información xuvenil seleccionarase en función da antigüidade como informador xuvenil. Para o resto de solicitudes seleccionaranse por orde de inscrición. Resérvase un 50% de prazas para o persoal da Rede galega de información xuvenil, e un 7% para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. No caso de non cubrirse as prazas reservadas nalgún dos grupos pasarán aos outros.
Número de horas: …………………………… 40
Número de prazas: ………………………… 26
Contidos: Análise da realidade xuvenil en distintos ámbitos. Aplicación de estratexias e contidos das políticas de xuventude. Organización de servizos de información xuvenil. Xestión de servizos de información xuvenil.
Modalidade: semipresencial. As sesións presenciais e examen presencial final terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.
Data de realización do curso: Do 22 de marzo ao 18 de maio de 2012. A primeira sesión presencial terá lugar o día 22 de 10.00 a 11.30 h.
Proba final: examen presencial o día 18 de maio de 2012 as 10.00 h.
Prazo e lugar de inscrición. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de febrero as 14.00 h., e realizarase a través da páxina www.xuventude.net, cumprimentando a ficha de inscrición. FICHA DE INSCRICIÓN
|




A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2012, convoca o Curso : ANÁLISE DA INFORMACIÓN XUVENIL NO CONTEXTO DAS POLÍTICAS DA XUVENTUDE