| APLICACIÓN DE METODOLOXÍAS DE TRABALLO NA INFORMACIÓN XUVENIL |
|
|
| Xoves, 16 Febreiro 2012 11:22 |
|
Obxectivos: Aplicar os fundamentos da información xuvenil. Analizar os procedementos aplicables ao proceso de información xuvenil. Saber aplicar os recursos específicos da información xuvenil.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, universitarios/as e estudantes das ramas xurídico-social e humanidades.
Criterios de selección: Para o persoal da Rede galega de información xuvenil seleccionarase en función da antigüidade como informador xuvenil. Para o resto de solicitudes seleccionaranse por orde de inscrición. Resérvase un 50% de prazas para o persoal da Rede galega de información xuvenil, e un 7% para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. No caso de non cubrirse as prazas reservadas nalgún dos grupos pasarán aos outros.
Número de horas: …………………………… 70
Número de prazas: ………………………… 26
Contidos: Aplicación dos fundamentos da información xuvenil. Análise de procedementos aplicables ao proceso de información xuvenil. Estruturación do proceso de información xuvenil. Aplicación de recursos específicos da información xuvenil.
Modalidade: Semipresencial. As sesións presenciais e examen presencial final terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.
Data de realización do curso: Do 22 de marzo ao 18 de maio de 2012. A primeira sesión presencial terá lugar o día 22 de 12 a 13 30 h. Proba final: examen presencial o día 18 de maio de 2012 as 11.00 h.
Prazo e lugar de inscrición. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de febrero as 14.00 h., e realizarase a través da páxina www.xuventude.net, cumprimentando a ficha de inscrición. |




A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2012, convoca o Curso : APLICACIÓN DE METODOLOXÍAS DE TRABALLO NA INFORMACIÓN XUVENIL