| AS REDES SOCIAIS NA XUVENTUDE |
|
|
| Xoves, 16 Febreiro 2012 11:03 |
|
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2012, convoca o Curso: AS REDES SOCIAIS NA XUVENTUDE Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. No caso de que queden prazas vacantes, terán preferencia os universitarios e os estudantes das ramas xurídico-social e humanidades. Criterios de selección: Terá prefencia o persoal da Rede galega de información xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,. Seleccionarase en función da antigüidade na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como informador xuvenil ou reponsable dos espazos xove Para o resto de solicitudes seleccionaranse por orde de inscrición. Resérvase un 7% das prazas para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. No caso de non cubrirse as prazas reservadas engadiranse aos outros grupos. Número de horas: ………………………………… 10 Número de prazas: ……………………………… 12 Contidos: Introdución ás redes sociais. Seguridade e privacidade nas nosas comunicacións. Aplicacións para redes sociais a través de internet. Ferramentas para a creación ou a consolidación de novas relacións. O ser social en internet. Modalidade: presencial. Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Datas de realización: 15 e 16 de marzo de 9.30 a 14.30 h Prazo e lugar de inscrición. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de febrero as 14.00 h., e realizarase a través da páxina www.xuventude.net, cumprimentando a ficha de inscrición. |





