ESQUÍ EN MANZANEDA PDF Imprimir
Martes, 14 Febreiro 2012 12:52

MANZANEDAPROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- ACTIVIDADES NA NEVE

ESQUÍ  EN MANZANEDA

Como titulares do carné xove, podedes beneficiarvos dun desconto na cota e participación neste programa.

 INSCRICIÓNS E RESERVAS

Se es titular do carné xove, e es maior de 16 anos, podes inscribirte neste formulario

ENLACE A FORMULARIO

PRAZO DE INSCRICIÓN 

O prazo de inscrición comeza o día  15 de febreiro ás 9:00 horas.

 ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.

 Cancelarse a actividade se non hai un número mínimo de participantes.

 No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.

 No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.

 Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación de praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:

  • Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participantes.
  • Fotocopia escaneada do carné xove en vixencia.
  • Fotocopia escaneada do DNI.
  • No caso de participantes menores de idade, deberán presentar na estación de esquí, autorización do pai/nai ou titor/a, para participar na actividade.

Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.

 ESQUÍ EN MANZANEDA

 Inverno 2012

Número de persoas: mínimo 15 personas; máximo 100 persoas.

 Duración: Fins de semana de febreiro, marzo e abril (ata que se termine a tempada invernal).

Prezo para titulares do Carne Xove: 136,00 €. Incluíndo aloxamento en Apartamentos Galicia, pensión alimenticia en Autoservicio, uso da piscina cuberta e climatizada, seguro de accidentes, dúas horas ao día de clases de esquí, material deportivo e remontes.

 Se a climatoloxía non o permitise, as actividades de exterior serían substituídas por talleres de interior, xogos en pavillón ou piscina.

  • Polideportivo: É imprescindible o uso de deportivos limpos e secos.
  • Piscina: Obrigatorio o uso de gorro de baño.

 

Hora

Actividade

Venres

17:30

Chegada á estación

18:00

Recollida do material

20:30

Cea

Sábado

9:30

Almorzo

10:30 ata 13:30

Esquí

14:00

Xantar

15:00 ata 17:30

Esquí

18:00 ata 20:00

Piscina Climatizada

20:30

Cea

22:00

Discoteca

Domingo

9:30

Almorzo

10:30 ata 13:30

Esquí

14:00

Xantar

15:00 ata 17:30

Esquí

18:00

Devolución do material

Para máis información:

Servizo de Xuventude de Lugo

Teléfono de contacto:    982 294 301

D.X. de Xuventude e Voluntariado

Teléfono de contacto:    881 999 194

Descarga O Programa

FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

 

Ir atrás    Ir arriba