|
Martes, 14 Febreiro 2012 11:17 |
|
O Xanela Aberta ao Sur é un programa de Educación para o desenvolvemento e Sensibilización de AMARANTE cuxo obxectivo principal é achegar á sociedade galega as realidades do Sur e os procesos organizativos que nelas se producen derribando estereotipos e preconceitos sobre as causas e consecuencias da pobreza. Neste ano farase un especial fincapé na perspectiva da feminización da pobreza e contarán cunha persoa da univesidade especializada neste tema.
Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante: - Movemento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil http://www.mst.org.br - MCCH en Ecuador http://www.fundmcch.com.ec - Asociación Attawassoul en Marrocos http://amarantesetem.org
As datas das xornadas de formación son: 1ª xornada de formación: 24 de marzo en A Coruña. 2º xornada formativa: 14 e 15 de abril 3ª xornada específica: 12 de maio 4ª xornada específica: 26 de maio Avaliación: 15 de setembro Finalamente, en xuño e setembro viaxarase a Ecuador, Marrocos e Brasil para coñecer o traballo das parceiras nestes países. Amarante non asume ningún custe senón que son as propias persoas que viaxan as que organizarán en grupo a súa viaxe. Corren pola súa conta os gastos do billete de avión, transporte e estancia no país de acollida e calquera outro gasto derivado da viaxe. Ademáis, AMARANTE Setem xestionará un seguro de viaxe que correrá pola conta de cada persoa que viaxe. Os requisitos para participar son: - Ser maior de idade. - Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas. - Pago da matrícula (20 € os estudantes ou parados e 30 € traballadores.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de marzo de 2012
Máis información en http://amarantesetem.org/xanela e nos teléfonos 986 848 159 - 981 584 713.
|