Plan de Formación 2012 PDF Imprimir
Luns, 13 Febreiro 2012 12:42

FORMACIONA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar continúa neste ano 2012 co Plan de formación no eido da educación non formal, dirixido a toda a mocidade galega. Consideramos que a educación non formal é unha parte fundamental da formación integral dos mozos e mozas, xa que permite adquirir e asimilar valores, normas de vida, opinións e coñecementos que, sen dúbida, facilitan a participación na sociedade.
Nesta edición, teredes á vosa disposición un conxunto de accións formativas enfocadas todas elas á adquisición de coñecementos, reciclaxe e actualización de distintas temáticas que se van abordar nos diferentes cursos.

Descarga o Plan de Formación 2012: pincha aqui

 

 

Ir atrás    Ir arriba