| PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- ACTIVIDADES NA NEVE FINDESKI LEITARIEGOS |
|
|
| Luns, 06 Febreiro 2012 10:45 |
FINDESKI LEITARIEGOS é un programa perfecto para iniciarse na práctica dos deportes de inverno, ou facer unha escapada para non perder as habilidades de esquí ou snowboard, no que, como titulares do carné xove, podedes beneficiarvos dun desconto na cota de participación.INSCRICIÓNS E RESERVAS Se es titular do carné xove,e tes mais de 18 anos podes inscribirte neste formulario PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comeza o día 7 de febreiro ás 9:00 horas. ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa. Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes. No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda. No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso. Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación: • Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación. • Fotocopia escaneada do carné xove en vigor. • Fotocopia escaneada do DNI. Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva. PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- FINDESKI LEITARIEGOS 2 noites/2 días de esquí QUENDAS: Febreiro: 17-19 (Cancelado) Febreiro: 24-26
Marzo: 2-4/ 9-11/ 16-18/ 30- 1 abril Abril: 6-8 (posible cambio de aloxamento, mantendo distancia e categoría) PARTICIPANTES: Titulares de carné xove Máximo 52 prazas por quenda. Mínimo 38 prazas por quenda TARIFAS: 150 €/persoa (con carné xove en vigor) LUGARES DE SAÍDA: Santiago/Lugo Programación: VENRES: Saída as: 17.00 de Santiago. As :18.30 recollida en Lugo. Acomodación no hotel e cea. SÁBADO: As: 9.15 estamos en Villablino para alugar o material, 2 horas de clase de esquí en grupo. Esquí libre. Ao peche da estación volta para o hotel de Vega de Espinareda. Domingo: As:10.00 estamos na estación. Esquí libre. Ao peche da estación, devolveremos o material. Volta para Galicia. INCLÚE: Bus durante os 2 días desde orixe. 2 noites no hotel** en VEGA DE ESPINAREDA. Habitacións dobres e triples en Media Pensión. 2 HORAS DE CLASE DE ESQUÍ Forfait durante 2 días. 1 Guía de viaxe. MATERIAL DE ESQUÍ durante os 2 días SEGURO DE ACCIDENTES OPCIÓNS: Clases de snow: consultar. Clases adicionáis: consultar. Material de snow: +16 euros Máis información
Para máis información: Servizo de Xuventude de Ourense Teléfonos de contacto: 988 386 116 988 386 120 D.X. de Xuventude e Voluntariado Teléfono de contacto: 881 999 194 |




FINDESKI LEITARIEGOS é un programa perfecto para iniciarse na práctica dos deportes de inverno, ou facer unha escapada para non perder as habilidades de esquí ou snowboard, no que, como titulares do carné xove, podedes beneficiarvos dun desconto na cota de participación.