| Máis de 800 mozos e mozas participaron en programas de fomento do aprendizaxe non formal de benestar |
|
|
| Martes, 31 Xaneiro 2012 12:20 |
Máis de oitocentos mozos e mozas participaron nos encontros informativos do programa ‘Participa’ da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, organizados pola Consellería de Traballo e Benestar ao longo do mes de xaneiro nun total de 25 localidades e nos campus universitarios de Galicia. Os encontros finalizaron esta semana con dúas citas: o luns no Espazo Xove de Ourense e hoxe no edificio multiusos do concello da Cañiza.Estes encontros tiveron como obxectivo achegar aos mozos e mozas interesados a información precisa para fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal que lles permita desenvolver as súas capacidades, talento e espírito emprendedor a través dos diferentes programas de participación da Xunta de Galicia, integrados na ‘Estratexia Xuventude 2013’. Os destinatarios dos encontros foron mozos e mozas menores de 30 anos, concelleiros de xuventude ou con competencias na materia, técnicos de xuventude ou cultura, membros de asociacións xuvenís ou colectivos de mozos e mozas que poidan conformarse nun grupo informal. Para o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, estes encontros “serven para dinamizar a vontade de participación dos líderes xuvenís, ofrecéndolles as ferramentas necesarias para que canalicen o seu talento a través de programas que fomenten a posta en valor da nosa mocidade”. Os participantes destacaron nos encontros aqueles proxectos que se poden desenvolver a través da liña de axudas da Orde ‘Iniciativa Xove 2012’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que está previsto que se publique no DOG a principios de febreiro. Esta Orde, que regula o procedemento do novo modelo de participación xuvenil que puxo en marcha a Xunta de Galicia, conta este ano cun orzamento de 705.000 euros, o que significa un incremento do 1,4% con respecto a 2011 e un aumento dun 57% respecto a 2009. Os encontros tiveron lugar na Coruña, Carballo, Pontedeume, Betanzos, Noia, Melide, Padrón e Boqueixón, na provincia da Coruña; en Xinzo de Limia, O Carballiño e Ourense, na provincia de Ourense; en Porriño, A Estrada, A Cañiza, Ribadumia e Tui en Pontevedra; en Vilalba, Foz, Lugo e Chantada, na provincia de Lugo; e nos campus Universitarios de Ferrol, A Coruña, Santiago, Vigo e Ourense. |




Máis de oitocentos mozos e mozas participaron nos encontros informativos do programa ‘Participa’ da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, organizados pola Consellería de Traballo e Benestar ao longo do mes de xaneiro nun total de 25 localidades e nos campus universitarios de Galicia. Os encontros finalizaron esta semana con dúas citas: o luns no Espazo Xove de Ourense e hoxe no edificio multiusos do concello da Cañiza.