| Foros de participación xuvenil: Lidera a túa idea |
|
|
| Luns, 06 Febreiro 2012 00:00 |
|
ESTRUTURA DOS FOROS: Participación Xuvenil. a. Que se entende por participación xuvenil? b. Graos de participación xuvenil (a escaleira da participación) Proxectos de Participación Xuvenil. a. Que é un proxecto de participación xuvenil? b. Financiamento c. Iniciativa Xove. Tés unha idea? Fai que a túa idea saia adiante a. Obxectivos específicos b. Análise do proxecto (DAFO) c. Actividades d. Redacción e estrutura Execución do proxecto: Fai que o teu proxecto funcione. a. Execución b. Planeamento c. Xustificación d. Exemplos de proxectos DATAS E LUGARES DOS FOROS: 7 de febreiro: 12.00 hs Facultade de Ciencias Económicas de Santiago. 8 de febreiro: 18.00 hs Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa e 20.00 hs Espazo xove de Lalín. 10 de febreiro: 18.00 hs Albergue LugI ( Lugo) e 18.00 hs Residencia Xuvenil Universitaria " Florentino López Cuevillas ( Ourense). 11 de febreiro: 11.00 hs Albergue Xuvenil Gandarío ( Bergondo) e 11.00 hs Edificio Multiusos de Redondela ( Pontevedra). 13 de febreiro: 11.00 hs Facultade de Arquitectura da Coruña. 15 de febreiro: 11.00 hs Peritos de Ferrol. 16 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Viveiro. 24 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Curtis. |




A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV), a través do programa Participa da Rede de Dinamización e Animación Xuvenil, vai desenvolver en once puntos da nosa xeografía foros " Lidera a túa idea" para promover entre a mocidade actividades de aprendizaxe non formal que lles permita desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos . Estos foros son un xeito de lle achegar e habilitar aos mozos e mozas galegos toda a información necesaria e as ferramentas para poder levar a cabo a solicitude , desenvolvemento e execución de proxectos de participación xuvenil de calidade. As xornadas, que terán unha duración aproximada de 2 horas e media, desenvolveranse entre o 7 e o 17 de febreiro en diferentes concellos e universidades de toda Galicia. Poderedes solicitar, a partir do luns 30 de xaneiro, a través da nosa web xuventude.net, o lugar ao que queredes asistir, e para iso debedes ter en conta a vosa dispoñibilidade para poder participar.