| XUVENTUDE ORGANIZOU UN ENCONTRO NO ESPAZO XOVE DE CHANTADA PARA CO FIN DE PROMOVER A PARTICIPACIÓN |
|
|
| Xoves, 26 Xaneiro 2012 12:38 |
XUVENTUDE ORGANIZOU UN ENCONTRO NO ESPAZO XOVE DE CHANTADA PARA CO FIN DE PROMOVER A PARTICIPACIÓN Estos encontros pretenden achegar a tódolos mozos emprendedores no mundo asociativo xuvenil o programa Iniciativa Xove.
Iniciativa Xove é o programa da Dirección Xeral de Xuventude que permite os mozos e mozas da comarca realizar os seus proxectos tanto dentro dunha asociación xuvenil coma dun grupo informal. Chantada, 25 de xaneiro. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado celebrou onte no Espazo Xove de Chantada un encontro destinado a fomentar e animar á mocidade a participar como líderes xuvenís a través da posta en marcha de proxectos de Iniciativa Xove.. Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a todos os mozos e mozas emprendedores no mundo asociativo xuvenil o programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No encontro participaron vintesete representantes de entidades do tecido asociativo xuvenil co fin de informarse das novidades deste ano 2012 dentro do programa e para por en común as inquedanzas e propostas á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Os asistentes foron tamén convidados a participar nos 5 talleres “ Lidera a túa idea” que se levarán a cabo no vindeiro mes de febreiro co obxetivo de trasladarlles os puntos e as claves básicas de cara a formalización dun proxecto de calidade. Mañá venres 27 publicarase en www.xuventude.net a convocatoria dos mesmos. Este encontro foi un dos 25 que Benestar está a celebrar en todas as comarcas de Galicia e hoxe, 26 de xaneiro, trasladarase ás Facultades de Turismo de Ourense, Ciencias Económicas de Vigo e ó Concello de Foz. O venres no Espazo Xove de Betanzos, o sábado 28 en Ribadumia e A Estrada, o día 30 no Espazo Xove de Ourense e o 31 no multiusos da Cañiza. |




XUVENTUDE ORGANIZOU UN ENCONTRO NO ESPAZO XOVE DE CHANTADA PARA CO FIN DE PROMOVER A PARTICIPACIÓN