| Xuventude achégase a Padrón para explicar á mocidade da comarca os diferentes modelos de participación xuvenil |
|
|
| Luns, 23 Xaneiro 2012 17:24 |
Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a toda a xuventude emprendedora no mundo asociativo xuvenil o programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No encontro participaron máis de cincuenta rapaces e rapazas da comarca co fin de informarse das novidades deste ano 2012 dentro do programa e para por en común as inquedanzas e propostas ao departamento autonómico. Rodeiro estivo acompañado polos alcaldes de Padrón e Dodro ademáis de varios concelleiros de xuventude. Os asistentes foron tamén convidados a participar nos cinco futuros obradoiros “ Lidera a tua idea” que se celebrarán a comezos do vindeiro mes de febreiro. O obxecto destas xornadas non será outra que animar á participación e explicar dunha forma totlamente práctica cómo levar unha boa idea ao papel e presentar un proxecto de calidade. |




O pasado venres o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, trasladouse ó Auditorio Municipal de Padrón para inaugurar o foro de mozos e mozas nos que explicou os diferentes modelos de participación xuvenil a disposición dos mozos e mozas galegos.