Curso de Monitor/a de avtividades de tempo libre en Lalín PDF Imprimir
Mercores, 11 Xaneiro 2012 09:03

Monitores_Laln_2012A OMIX de Lalín organiza un curso de Monitor/a de avtividades de tempo libre.
O curso consta de dúas fases: unha fase teóricopráctica de 200 horas lectivas, e unha fase práctica, que se realizará nun prazo máximo de 2 anos dende o remate da fase teórico-práctica, e unha vez obtido o apto na fase anterior. Esta segunda fase consta dun mínimo de 12 días en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo e outros, en bloques non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade nunha entidade ou asociación que traballe no campo da educación no tempo libre.
O curso realizarase en Lalín nas seguintes datas:
febreiro: 4, 5, 11, 25 e 26
marzo: 3, 4, 10, 11, 17, 18, 24 e 31
abril: 1, 5, 6, 7, 14, 21 e 28
Horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
Matrícula: o curso ten unha cota de matrícula de 250 €.
A inscrición deberá realizarse na OMIX de Lalín antes do 2 de febreiro de 2012. Imparte o curso Escola Galega de Tempo Libre.
Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil, teléfono: 986 787 052

www.lalin.org/xuventude

 

 

Ir atrás    Ir arriba